Site icon Crónica3.com A Mariña

A parroquia de Lago, en Xove, acolle a XIII Feira Nacional de Gando Cabalar

XOVE .- O domingo, 17 de maio, día das Letras Galegas, terá lugar na parroquia de Lago, no novo campo da festa anexo ao centro social de Lago,  a decimo terceira edición da Feira Nacional de Gando Cabalar organizada pola Asociación Equina “A Medela” de Xove.
A Feira vai comezar ás 10:00 horas coa apertura de mesa de inscripcións para todas aquelas persoas que queiran participar cos seus animais, e despois comezarán os distintos concursos, que en total van a repartir 3.000 euros en premios. (adxuntamos coa presente Nota o Programa de actividades cos distintos horarios dos concursos, e tamén adxuntamos as Normas do Concurso así como unha descrición da espectacular Proba de Barriles)

Os actos rematarán cunha PROBA DE HABILIDADE DE BURROS ás 19:00 horas e a entrega de premios e o sorteo dun bonito poldro.

Agradecer, por último, o patrocinio do Concello de Xove, e a colaboración de numerosas empresas así como a Agrupación de Ayuda Ciudadana/Protección Civil da Mariña.

Exit mobile version