Site icon Crónica3.com A Mariña

Xornada didáctica sobre baile tradicional, canto e pandeireta en Ribadeo

RIBADEO (FNC) .- Medio cento de persoas participarán o vindeiro domingo 10 de maio en Ribadeo nunha xornada didáctica sobre baile tradicional, canto e pandeireta que impartirán dúas mestras da Tradescola de Lugo.

Mónica Fernández, a coordinadora da Tradescola, explicou hoxe no Concello de Ribadeo que “a Tradescola é unha asociación de música tradicional que está xestionada pola asociación de gaiteiros galegos. A xornada que faremos en Ribadeo será de mañá e de tarde no IES Gamallo Fierros e teremos obradoiros de iniciación e de perfeccionamento para todo o mundo”. Fernández engadiu que “vai ser unha xornada moi amena e interesante para difundir e divulgar a nosa música e o noso baile”.

Ata o momento hai unhas 50 persoas inscritas para participar nesta cita. A coordinadora da Tradescola asegurou que “hai bastante afluencia de xente, hai xa por exemplo 20 persoas para iniciación de canto e pandeireta e para baile tamén, pero aínda queda algún tempo para inscribirse, ou sexa que animamos aos ribadenses para que aproveiten a xornada de mañá e se apunten para estar con nós o domingo”.

Exit mobile version