Site icon Crónica3.com A Mariña

20 equipos participaron no II trofeo de fútbol 7 en Ribadeo

RIBADEO .- O pasado fin de semana celebrouse o II torneo de fútbol 7 para maiores de 18 anos, que organiza a SD Ribadeo. Nesta 2ª edición participaron 20 equipos, divididos en 5 grupos de 4 e levándose a cabo esta fase na tarde do venres e durante todo o sábado, xogándose na matinal do domingo os cuartos de final, semifinais e finais.
Os grupos eran os seguintes:
Grupo A – Azabache, SD Ribadeo, Veteranos de Cangas, La Cofradía Grupo B – Qatar, Astur Vegadense, Guardia Civil de Ribadeo, Eses quen son!!

Grupo C – Restaurante la Dorada, Carpinteia Jose Mª/La cosechera, Bohemia e Praias de Foz Grupo D – Millo Arehucas, Pescados Patricia, Figueirua Motoro, As figueiras Grupo E – Pescados Pitero, A Maseira, Fontaneria Javier, O rincón de Mondoñedo

Destaco a grande igualdade de todos os grupos, sobre todo o grupo B, onde os 3 primeiros clasificados sumaron 5 puntos.

Os cuartos de final foron os seguientes:

Campión Grupo A – Campión Grupo B – SD Ribadeo – Qatar 1-2 Campión grupo C – Mellor 2º Clasificado – Restaurante La Dorada – Carpinteria Jose Mª/Cosechera 4-0 Campión grupo D – 2º Mellor 2º clasificado – Figueirua Motor – A Maseira – 0-3 Campión Grupo E – 3º mellor 2º clasificado – Fontaneria Javier – Guardia Civil de Ribadeo 4-1

Ambas semifinais foron moi igualadas, mostra diso é que ambas se decidiron dende o punto de penalty.

Qatar – Restaurante la Dorada – 0-0 (3-2 en penaltis Qatar) A maseira – Fontaneria Javier – 2-2 (2-0 en penaltis Maseira)

No partido polo 3er e 4º posto , o restaurante La Dorada – Fontaneria Javier (a final da I Edición) logrou a victoria o Restaurante la Dorada, pólo que o campión da I edición remataba na 3ª plaza final.

Na final A Maseira impúxose por un axustado 1-0 a Qatar, facéndose co título de campión do torneo.

A Nivel individual os galardoados foron os seguintes:

Bruno (Fontaneria Javier) Máximo goleador con 9 tantos Rubén (A Maseira) Porteiro menos goleado – 2 goles en 6 partidos) Dumi (A Maseira) mellor xogador do campionato.

Exit mobile version