Site icon Crónica3.com A Mariña

A concellaría da Muller organizan unha viaxe ao balneario de Guitiriz para 50 ribadenses

RIBADEO (FNC) .- O Centro de Información á Muller e a Concellaría da Muller de Ribadeo organizan unha viaxe ao balneario de Guitiriz o vindeiro 21 de xuño. Segundo explica a edil de Muller, Mariluz Álvarez “todas aquelas persoas que desexen participar na viaxe que faremos ao balneario de Guitiriz deben anotarse chamando ao 982 120 739 ao CIM”. A viaxe partirá ás 14:15 do parque de San Francisco “e voltarase preto das nove da noite. De catro a sete da tarde haberá circuitos termais e o disfrute das piscinas que existen nesas instalacións”, engade a edil nacionalista.
Álvarez Lastra sinala que “o número de prazas será de 50 e cubriránse por estricto orde de inscripción. Hoxe ábrese durante dúas semanas ese prazo para apuntarse. O custe desta actividade será de 12 euros. Si algunha persoa primeiro se apunta e despois ten algún impedimento, que o notifique para que poidan optar outras das que estean na lista de reserva”.
O balneario de Guitiriz ofrece unhas impresionantes instalacións de augas termais de 4.000 metros cadrados onde poder desfrutar do mellor relax. Son augas bicarbonatadas-sulfuradas sódicas. A temperatura de surxencia é de 15º e contan cunha mineralización moi débil, PH alcalino (8,25) e conteñen un flúor de 14mg/l. As augas sulfurosas son as de maior uso en hidroloxía, debido á súa acción estimulante xeneral, desintoxicante de anti-inflamatoria. Están indicadas especialmente para enfermedades do fígado, do aparato dixestivo e colitis, ademáis de patoloxías do aparato urinario, hipercolesteriemias, obesidade, diabetes de adulto, psoriasis, eczemas, reumatismos, litiasis e teñen un efecto antiestrés.

Exit mobile version