Site icon Crónica3.com A Mariña

A Delegación de Emprego e Formación de Burela prepara cursos para a obtención do certificado de Lingua Galega

BURELA (FNC) .- O Centro de Formación Ocupacional do Concello de Burela imparte fundamentalmente cursos dirixidos a facilitar a empregabilidade de persoas que se encontran en situación de desemprego, así como para mellorar a formación e competitividade das persoas empregadas.

Segundo explica a edil de Emprego e Formación, Sonia Fraga, “neste ámbito, a programación para o ano 2009, contempla a realización dos cursos de carpinteiro metálico e de pvc e de soldador de estructuras metálicas lixeiras, que na actualidade xa se están realizando. O de carpinteiro metálico e de pvc ten unha duración de 575 horas de duración e contempla a realización de operacións básicas de soldadura e corte, e nel tamén aprende a construír e instalar portas, xanelas e peches de galería de aluminio”.

A concelleira socialista engade que “o curso de soldador de estructuras metálicas lixeiras ten unha duración de 565 horas e contempla a realización de operacións de corte para construccións metálicas e o procedemento manual e automático de oxicorte e arco-plasma. Os alumnos tamén aprende a soldar por arco con electrodo revestido elementos metálicos de aceiros suaves. Estes cursos teñen un amplo período de formación práctica co que buscamos facilitar nun futuro próximo a adaptación da formación do noso alumnado, cos postos de traballo que van a desempeñar. É por eso que os nosos cursos teñen unha gran aceptación, estando na actualidade todas as prazas cubertas e con lista de espera de 10 alumnos para o curso de carpinteiro metálico e máis de 15 suplentes para o curso de soldador”.

A partires de setembro

Sonia Fraga engade que “ó mesmo tempo, o centro de formación ocupacional de Viveiro organizou un curso do Plan FIP de ebanista para Burela. Ten uhna duración de 825 horas, comenzou o día 17/03/2009 e ten o seu remate o día 12/11/2009. Neste curso participan 12 persoas alumnos/as de Burela”. A concelleira de Emprego e Formación anuncia que “neste 2009 tamén esta previsto a realización de cursos preparatorios para a obtención do certificado de língua galega (CELGA) niveis 2 e 3. Serán en setembro. E igualmente estamos traballando na programación dun curso de electricidad básico, que permita a calquera persoa realizar operacións sinxelas de electricidade no ámbito persoal e doméstico. Pensamos que este curso é de gran axuda para todas as economías familiares nestes tempos de crise nos que vivimos”.

Exit mobile version