Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación comeza o luns os traballos de roza das estradas provinciais

LUGO .- A Deputación comeza o vindeiro luns, 15 de xuño, os traballos de roza nas estradas provinciais dos 20 Concellos que este ano non se sumaron ó convenio que lles permite asumir a xestión do desbroce. Neste caso, a institución que preside José Ramón Gómez Besteiro, destina 228.081 euros á execución destes traballos.

Os 20 Concellos divídense en cinco zonas:

– Zona 1: O Vicedo, Cervo Muras, Mondoñedo, Lourenzá e Trabada (51.765 euros).

– Zona 2: Carballedo, O Saviñao e Sober (53.421 euros).

– Zona 3: Antas de Ulla, Friol, O Incio e O Corgo (50.563 euros).

– Zona 4: Baralla, As Nogais, Ribeira de Piquín e Meira (33.129 euros).

– Zona 5: Xermade, Lugo e Outeiro de Rei (39.203 euros).

A roza durará un mes e medio, polo que todas as estradas, cuxo desbroce depende directamente da Deputación, estarán limpas na época na que a provincia conta con máis visitantes e na que circulan máis coches pola rede viaria provincial. Ademais, reservarase un 10% do presuposto para repasar os primeiros viais que se limpen e nos que reaparecerá antes a maleza.

Así mesmo, a Deputación ofrece ós Concellos a posibilidade de que elixan entre dúas opcións: ou ben o sistema que se veu empregando ata hai dous meses para a toda a rede provincial, ou que sexan os municipios os que asuman directamente estes traballos, para o que se lles aboa una cantidade por cada quilómetro de estrada.

Concellos con convenio

Os outros 47 Concellos sumáronse ó convenio polo que asumen directamente a xestión da roza, unha iniciativa posta en marcha por primeira vez na Deputación polo actual equipo de goberno. Os acordos acadáronse con: Abadín, Alfoz, Baleira, Barreiros, Becerreá, Begonte, Bóveda, Castro de Rei, Castroverde, Courel, Cervantes, Cospeito, Chantada, Fonsagrada, Foz, Guitiriz, Guntín, Xove, Láncara, Monforte de Lemos, Monterroso, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Ourol, Palas de Rei, Pantón, Paradela, Pobra de Brollón, A Pontenova, Pastoriza, Páramo, Pedrafita, Pol, Portomarín, Quiroga, Rábade, Ribadeo, Ribas de Sil, Riotorto, Samos, Sarria, Trabada, Triacastela, O Valadouro, Vilalba, Viveiro e Burela. Neste caso, a Deputación destina 500.000 euros.

Exit mobile version