Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación insta á Xunta e ao Goberno do Estado a tomar medidas que garantan o futuro do sector lácteo

LUGO.- A Deputación aprobará no Pleno de mañá unha proposta para instar á administración do Estado e da Xunta a que adopten medidas competentes para garantir o futuro do sector lácteo. O ente provincial tamén anunciou que se asinará un convenio con TRAGSA para a construción dun centro de recría na Granxa Gayoso de Castro.

NOTA DE PRENSA

O Centro de Recría da Deputación triplicará a capacidade das14 explotacións existentes en Galicia adicadas a esta función

– Gómez Besteiro destacou que “se trata da grande aposta do organismo que preside polo sector, xa que disporá de 3.000 novillas, e permitirá optimizar a produción dos gandeiros”

– Ocupará unha extensión de 7 hectáreas e será un referente na xestión de animais e dos residuos, de tal xeito que dotará ás explotacións dun maior rango xenético, produtivo e sanitario

– O equipo de goberno aprobará no Pleno de mañá unha proposta para instar ás administracións do Estado e da Xunta a que adopten medidas competentes para garantir o futuro do sector lácteo

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e a Presidenta de TRAGSA en España, María Luisa Graña Barcia, asinaron este luns o convenio de colaboración para a construción do Centro de Recría na Granxa Gayoso Castro. Gómez Besteiro adiantou algunhas novidades desta infraestrutura da que se está ultimando o proxecto, e que triplicará o servizo que ofrecen na actualidade as 14 explotacións de recría existentes en Galicia, que dispoñen dunhas 1.000 becerras. O responsable provincial destacou que “o Centro é a grande aposta da Deputación polo sector agrogandeiro, xa que disporá dunhas 3.000 novillas”.

Trátase do proxecto gandeiro máis revolucionario das últimas décadas levado a cabo na Comunidade Autónoma e ocupará unhas 7 hectáreas. De feito, o Presidente xa dixo en varias ocasión que para o organismo que preside “a vaca é o ladrillo de Lugo e representa para esta provincia o que Citroen para Vigo”. Ocupará unhas 7 hectáreas.

O 45% da cota láctea de Galicia prodúcese en Lugo e a provincia conta con máis de 80.000 becerras, pero tan só 14 explotacións se adican a recría na Comunidade Autónoma. Os datos demostran que este servizo é insuficiente e pouco rendible para os gandeiros. Ademais, coa crise estes vense obrigados a facer a recría cos seus medios, un custe que se incrementa se teñen que recurrir a centros doutras Comunidades Autónomas.

Neste senso, o máximo mandatario provincial explicou que a recría de gando concéntrase nas Neves, en Zaragoza, o que supón un desenvolso económico para os gandeiros de Lugo e de Galicia, que teñen que levar os seus animais, traelos e pagar unha mensualidade media de 80 euros por novilla, ademais da dificultade de adaptación dos animais polo cambio de climatoloxía.

“Por tanto, a súa posta en marcha permitirá facer máis rendibles e competitivas as explotacións gandeiras, anticipándonos á supresión das cotas lácteas en 2015; aumentar a calidade produtiva da explotación; ter animais cun lato nivel produtivo e xénetico; reducir os custes por cada becerra, así como na produción de residuos; e obter unha maior bioseguridade fronte á recría por compra”, engadiu o Presidente da Deputación.

Un centro referente na xestión dos animais e a nivel medioambiental

Pero a parte de servir de apoio á recría de gando frisón e ó sector lácteo, o Centro de Recría será un referente no modelo de xestión de animais e na xestión medioambiental dos residuos, de tal xeito que servirá para dotar ás explotacións dun maior rango xenético, produtivo e sanitario.

As novillas entrarán con 15 días de idade e sairán preñadas 1 mes antes do parto. O estancia no Centro inciarase co periodo de cuarentena que duraría 2 meses e no que os animais pasarán distintos controis sanitarios. Logo pasarán ás casetas comunitarias donde permanecerán ata os primeiros celos. A cubrición farase entre os 14 e os 15 meses. Por último, desde os 16 ata os 24 producirase a xestación; momento no que acadarán os 700 quilos aproximadamente e no que regresarán á explotación de orixe.

Gómez Besteiro explicou tamén que “terá un carácter diferencial e innovador”. Será un centro modelo para iniciativas privadas, e permitirá dinamizar o medio rural desde a ecosostibilidade. Pero, sobre todo, vai ser un centro referente no eido da investigación, en definitiva: un escaparate de I+D+I da provincia no que os alumnos de Veterinaria e doutras facultades poderán realizar prácticas no mesmo. Tamén servirá de apoio ó desenvolvemento tecnolóxico das empresas do sector.

Moción Pleno sector lácteo

O Presidente da Deputación tamén anunciou que o equipo de goberno aprobará no Pleno de mañá unha proposta para instar á administración do Estado e da Xunta a que adopten medidas competentes para garantir o futuro do sector lácteo.

Na moción solicítase á Xunta a poñer ó servizo das explotacións o Banco de Terras, para que estas dispoñan de máis superficie con posibilidades de aproveitamento; adoptar medidas de apoio ás cooperativas de leite creando un tecido industrial en base ás mesmas; e a posta en marcha dun grupo lácteo galego co fin de poñer en valor o leite producido no país.

Ademais, ínstase ó Goberno do Estado e á Xunta a coordinar actuacións destinadas a garantir a recollida do leite de Galicia, establecer axudas directas ós produtores para compensar o baixo prezo do leite en orixe en tanto non se recuperen os prezos no mercado, garantir a continuidade da industria transformadora existente en Galicia e, en concreto, na provincia de Lugo.

Asimesmo, ínstase ó goberno do Estado a propoñer na UE unha actuación decidida para regular os mercados e garantir prezos ós produtores de leite, para garantir a viabilidade do sector. O acordo comunicaráselle tanto Presidente do Goberno, como o da Xunta de Galicia, e ós grupos parlamentarios do PP, PSOE e BNG no Parlamento Galego e no Congreso dos Deputados.

Exit mobile version