Site icon Crónica3.com A Mariña

A mancomunidade de municipios de A Mariña cambia a sede de Foz para Barreiros

Casa do Concello de Barreiros, nova sede da mancomunidade

A MARIÑA .- A mancomunidade de municipios de A Mariña aprobou un presuposto de 50.000 euros para este ano e decidiron cambiar a sede da entidade de Foz para Barreiros, nun pleno celebrado en Foz . Na sesión tamén se acordou incrementar a apartación dos concellos, como explicou o presidente da mancomunidade, que é o alcalde de Barreiros, o popular Alfonso Fuente Parga, en declaracións a emisora de radio Onda Cero A Mariña.
Ademais, no pleno da mancomunidade tomaron posesión os representantes do Concello de Burela, e acordaron que as próximas sesións se celebrarán de forma itinerante en todos los concellos que forman parte de organismo supramunicipal.

Exit mobile version