Site icon Crónica3.com A Mariña

A oficina de turismo de Burela incluída nas bolsas de formación da Xunta para este verán

BURELA (FNC) .- Por parte da Axencia de Desenvolvemento Local e Novas Tecnoloxías do Concello de Burela, da que é responsable o concelleiro de Industria, Comercio e Turismo, José González Legazpi, dase conta da Orde de 18 de xuño de 2009, que ven de publicarse onte día 23 de xuño no  Diario Oficial de Galicia, e pola que se establece a convocatoria de bolsas de formación en oficinas de turismo para o verán 2009.

Legazpi suliña “a importancia do turismo e o incremento da calidade do sector xunto coa necesaria formación dos recursos humanos cara ás novas demandas que son elementos esenciais determinantes desta Orde destinada a estudantes ou titulados aos que permitirá acceder a prácticas tuteladas durante todo o mes de agosto e a metade de setembro na búsqueda de actualizar e mellorar os seus coñecementos e habilidades”.

A oficina de turismo de Burela atópase incluida dentro desta orde e por tanto as persoas interesadas nesta convocatoria poden informarse e dar trámite das súas solicitudes na propia Axencia de Desenvolvemento Municipal ou no Concello dentro do prazo dun mes contado dende a súa data de publicación segundo se establece na referida convocatoria.

Exit mobile version