Site icon Crónica3.com A Mariña

A Policía Local de Ribadeo denunciará ós propietarios de mascotas que non cumpran coas súas obrigas

A Policía Local de Ribadeo sancionará aos propietarios de mascotas (como cans) que non cumpran rigurosamente coas súas obrigas, segundo anunciaou o concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro. “A Policía ten orden de sancionar aos propietarios daqueles cans que vaian soltos ou que accedan a zonas nas que a súa presenza está prohibida. Tamén poderán sancionar a aquelas persoas que deixen as defecacións dos seus animais nas beirarrúas”, afirmou Cupeiro.

Exit mobile version