Site icon Crónica3.com A Mariña

A Queimada e a Maruxaina recibirán unha achega de 3000€ cada unha de Cultura

CERVO .- O Alcalde de Cervo Alfonso Villares mantivo no día de hoxe unha xuntanza co director xeral de Promoción e Difusión Cultural, Francisco López, en Santiago de Compostela. No transcurso da mesma o rexedor cervense logrou acadar o compromiso deste alto cargo da Consellería de Cultura que achegará 6.000 euros a repartir en partes iguais para as dúas citas declaradas de interese turístico galego que se celebran no concello: A Maruxaina de San Ciprián e a Queimada de Cervo.

Estas axudas, das serán xestionadas directamente polos colectivos organizadores, contrastan co acontecido o ano pasado pois, no 2008, a Xunta do bipartito non achegou un so euro para colaborar con ningunha destas citas festivas. “Foi unha boa mostra do intencionado esquecemento dos anteriores xestores autonómicos respecto do noso concello e, o que aínda é máis grave, o seu desinterese por promover estas dúas citas de grande importancia cultural e turística. Afortudamente ambas cuestións forman parte do pasado”.

ACTIVIDADES CONXUNTAS

Abordaron tamén cuestións relativas ao Real Padroado de Sargadelos xa que, Francisco López, na súa condición de director xeral de Promoción e Difusión Cultural ostenta o cargo de Presidente deste organismo do que tamén forma parte o Concello.

A administración local e a Consellería de Cultura colaborarán na organización de actividades conxuntas a diferencia do que acontece a día de hoxe, onde practicamente se estaba na desenvolver dun xeito paralelo.

Francisco López aceptou a invitación do Alcalde para visitar a Casa da Administración de Sargadelos, sede do actual Real Padroado. A intención e poder realizar esta visita nos próximos 30 días. Será o momento no que Alcalde e director xeral aproveitarán para explicar as novas fórmulas para achegar de colaboración entre ambas administracións cun dobre obxectivo: potenciar a participación dos veciños en cada unha das actividades que se desenvolvan conxuntamente desde este momento.

BICENTENARIO DA MORTE DO MARQUÉS DE SARGADELOS

Finalmente o rexedor municipal, Alfonso Villares, aproveitou a xuntanza para abordar o programa de actividades que ao longo deste ano se está a desenvolver no marco do Bicentenario da Morte de Franciso Ibañez, o Marqués de Sargadelos. Na súa definición colaboran os concellos de Cervo, o asturiano de Santa Eulalia de Oscos e o de Ribadeo. Francisco López adiantou que nas próximas datas darán a coñecer novas actividades coas que reforzar o programa previsto para este bicentenario. “Nelas Cervo terá un papel importante, algo que, por suposto agradecemos”

Exit mobile version