Site icon Crónica3.com A Mariña

A Sociedade Galega de Educación Ambiental de Galicia interesase polo barco museo de Burela

BURELA .- Responsables da Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA), visitarán esta semana en Burela o Barco Museo Reina del Carmen e a zona xeolóxica para a súa inclusión no traballo que están a levar a cabo denominado Proxecto Fénix no marco das iniciativas de educación ambiental desenvolvido por empresas, centros educativos, concellos e grupo ecoloxistas de Galicia. E edil de Comercio, Industria e Turismo, José González Legazpi, suliña que “así dan contexto por tanto dentro do referido proxecto as singularidades que ofrecen no referente coa historia de Burela e a súa relevancia turística e cultural que representan o Barco Museo e o espazo xeolóxico”.

O concelleiro nacionalista lembra que “recentemente a destacada revista Navegar facía referencia ao interese turístico de Burela, con especial referencia ao Barco Museo o que se destacaba de modo significativo na súa sección Aula del Mar, e nestes mesmos días tamén se atopaba como noticia de interese na editorial recreatuviaje.com, dentro do contexto informativo do patrimonio cultural de Galicia. E onte mesmo dábase conta da súa emblemática historia e interese turístico nun comentado espazo matinal de Radio Nacional de España Radio 5 consecuencia do intenso traballo que se está a desenvolver dende a Delegación de Industria, Comercio e Turismo de Burela”.

Burela destino turístico

José González Legazpi considera que “o Concello de Burela avanza de forma significativa na súa consecución de destino turístico dentro da comarca da Mariña conforme no lo refiren os indicadores manexados e mesmo os conceptos de retorno informativo, con indicativos dunha importante potenciación nos últimos tempos, a pesares do escenario de complexidade no que sempre se desenvolve o turismo polos múltiples factores de influencia e mesmo da repercutible coxuntura económica actual. Polo tanto Burela atópase de forma constante e activa nos medios más importantes ao tempo que se analizan e actualizan no posible as condicións de influencia no senso de que tódolos factores posibiliten a constante  potenciaciòn do Concello como destino turistico de interes”. O concelleiro de Turismo engade que “no concello de Burela estanse a valorizar os recursos de forma determinante e aplicando as máximas condicións de desenvolvemento porque son estes os parámetros que nos están dando referencias positivas e os que nos traerán sen dúbida potencialidade turística e por conseguinte frutífero desenvolvemento económico”.

Exit mobile version