Site icon Crónica3.com A Mariña

Adxudicada a obra da estrada de Pozomouro A Espiñeira por 230 mil euros

FOZ .- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, resolveu a adxudicación definitiva das obras de acondicionamento da estrada de Pozomouro a  A Espiñeira por un importe total de 229.564 euros. Os traballos, que consisten na adaptación da estrada LU-150 ao plan de baixa de IMD (Intensidade Media Diaria) rematan de cara ao final de ano.

Nota de Prensa

A XUNTA ADXUDICA AS OBRAS DE ACONDICIONAMENTO DA ESTRADA POZOMOURO-A ESPIÑEIRA POR PRETO DE 250.000 EUROS

?    Esta obra beneficiará a máis de 13.000 persoas dos concellos lucenses de Foz e Barreiros. Ten unha lonxitude de case un quilómetro
?    Esta mellora desenvolverase nun único tramo, que conecta as zonas de Pozomouro (N-634) e A Espiñeira (N-642)
?    A empresa adxudicataria destas obras é CRC Obras y Servizos e rematará as obras a finais do presente ano

Foz (Lugo), 10 de xuño de 2009.- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, vén de resolver a adxudicación definitiva das obras de acondicionamento da estrada LU-150 Pozomouro (N-634)-A Espiñeira (LU-642), por un importe total de 229.564 de euros.

Esta obra, que levará a cabo a empresa CRC Obras y Servizos, desenvolveranse ao longo dos vindeiros seis meses, polo que as os traballos rematan de cara ao final de ano. Este vial pertence á Rede Secundaria de Estradas da Xunta de Galicia.

Este proxecto, financiado pola consellería que dirixe Agustín Hernández, consiste na adaptación da estrada LU-150 ao plan de baixa de IMD (Intensidade Media Diaria). Polo tanto, a empresa adxudicataria dará unha solución construtiva óptima, co detalle suficiente para facer factible a súa construción e posterior explotación.

Así, as condicións deste tramo melloraranse con dous carrís de 3 metros cada un, dúas beiravías e unha cuneta de 1,25 metros nos 660 primeiros metros do treito. A partir do punto quilométrico 0.66 ata o final, as beiravías estreitaranse (terán unha anchura de 0,50 metros), mentres que os carrís manterán o seu ancho.

Esta adaptación beneficiará aos veciños dos concellos lucenses de Foz e Barreiros, polo que darán servizo a máis de 13.132 habitantes destes dous concellos lucenses. Cómpre destacar que nos meses estivais o número de usuarios deste tramo se incrementará, xa que estes dous concellos da Mariña lucense son destinos vacacionais frecuentes para moitos galegos.

Exit mobile version