Site icon Crónica3.com A Mariña

Afirma o PP de Burela que o goberno municipal “carece dunha auténtica política de persoal”

NOTA DE PRENSA

O GMPP afirma que o bigoberno burelés “é un esperpento ausente de compromiso”.

Os populares culpan ó alcalde de mentir en política de persoal.

Consideran que as explicacións de Nieves Cando sobre a homenaxe ós náufragos demostran a súa propia incapacidade.

O PP de Burela afirmou hoxe a través dunha nota de prensa que o bigoberno burelés carece dunha auténtica política de persoal, como demostrou o alcalde no pleno do pasado xoves, cando afirmou que “a productividade de 2008 pagaráselle ó persoal do concello en agosto ou en setembro” e que “a RPT estase facendo pero non se sabe cando rematará”. Esto demostra que o alcalde minteu cando dixo que a RPT estaría lista en Marzo e que a productividade sería pagada a primeiros de ano.

Ademais, os populares critican que Nieves Cando e o propio alcalde xustifiquen os seus erros nas invitacións para o pregón e o homenaxe ós náufragos mezclando á comisión de festas, á Cruz Roxa, como insinou Nieves Cando. Son explicacións que só demostran a súa propia incapacidade

Todo esto, xunto co retraso na contratación dos socorristas e do GRUMIR, que o pasado catro de Xuño eran de extrema urxencia e así se llo demandou o bigoberno á Xunta, fan que a situación do bigoberno burelés sexa un esperpento ausente de compromiso: míranse ó espello e non son eles, son a súa propia deformación política, o seu propio non facer e despreocuparse dos asuntos fundamentais para unha sociedade coma a burelesa que está pedindo a berros que se poñan en marcha proxectos de futuro e que se cuide precisamente o futuro do noso concello, cousa que o alcalde e Nieves Cando non están a facer.

Finalmente, os populares consideran que Nieves Cando pasará á historia xa non por ser a primeira concelleira de Cultura e Deporte que deixa sen subvencións ás asociacións de Burela, senon por non esixir que as subvencions da Deputación se abonen nun prazo axeitado de dous meses.

Para o PP, o pleno do pasado xoves demostrou que o bigoberno burelés vai á deriva, sen ideas, sen proxecto, cando ainda faltan dous anos para as próximas eleccións municipais, e sen que se lle explique á cidadanía que tén pensado facer o bigoberno nestes dous próximos anos, ademais de adicarse a vivir ben e cobrar molito facendo mui pouco.

Exit mobile version