Site icon Crónica3.com A Mariña

Balseiro non levou ao Parlamento o uso da cerámica de Sargadelos no Xacobeo 2010, alerta o PSOE de Cervo

Nota de Prensa

Balseiro súbese ao coche oficial e deixa en terra aos traballadores de Sargadelos
O deputado do PP aínda non levou ao Parlamento a iniciativa dos Socialistas sobre o uso institucional da cerámica de Sargadelos no Xacobeo 2010

Dende o Grupo Municipal Socialista de Cervo queremos recordarlle ao Sr. Balseiro que está pendente de levar ao Parlamento de Galicia a resolución acordada polo pleno do 13 de maio de apoio aos traballadores/as de sargadelos e a iniciativa do GM Socialista consistente en utilizar a cerámica de sargadelos como agasallo institucional do Xacobeo 2010.
Os socialistas estamos indignados porque vemos como día a día o deputado do PP leva ao Parlamento de galicia asuntos que non teñen nada que ver coas demandas dos veciños do Concello de Cervo e os seus problemas. As prioridades de Balseiro Orol e do PP da provincia de Lugo parecen ser as de facer oposición vehemente contra a deputación de Lugo e os concellos nos que non gobernan, co único obxetivo de sacar réditos políticos de cara ás eleccións municipais do 2011.
Ista forma errática de actuar leva consigo que por exemplo Balseiro Orol levara á mesa do parlamento unha pregunta urxente para que a Xunta valorara a falsificación dunha firma dunha concelleira, ou anunciara que vai levar tamén a contratación dunha edil de Burela ao considerar estes dous feitos de “suficiente importancia e transcendencia”.
Cabe pensar polo tanto, que para o deputado do PP, a resolución adoptada no pleno de Cervo non é o suficientemente importante nin trascendente coma para ser levada á mesa do Parlamento.
O nombramento de Balseiro Orol coma secretario da mesa do parlamento, propicioulle entre outras cousas asesores, coche oficial, chófer e un soldo de mais de 7.000 € ao mes; con estes privilexios, ben podería dedicarlle al menos duas horas (o tempo en chegar dende Cervo a Santiago), en preparar un escrito para presentar ao parlamento ou en pensar en coma utilizar a súa “influenza” ante o presidente da Xunta, para que a ceramica de Sargadelos sexa o agasallo institucional do Xacobeo e incluso fabricar ao retornado “Pelegrín”.

Exit mobile version