Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela acollerá nos vindeiros meses cinco obradoiros organizados pola escola de música

BURELA .- A Escola de Música de Burela organiza cinco obradoiros que se desenvolverán durante todo o verán. Segundo explica a edil de Educación, Lucía Bouza, “están destinados básicamente ao público infantil e xuvenil tanto de Burela como doutras localidades e dentro destes talleres incluimos tamén un espazo que consideramos moi importante, tanto para o alumno como para o público en xeral, que son os concertos na rúa. Esto danos a oportunidade de facer música de cámara dun xeito asequible para todos”. A concelleira socialista sinala que “a pretensión de organizar estes talleres durante o verán é para dar continuidade á formación dos rapaces que veñen estudando durante todo o ano e para poder realizar actividades que durante o inverno e debido ás esixenzas do programa de estudos pois os alumnos non poden realizar”. Lucía Bouza convida “a todos os rapaces a participar nestas citas e a disfrutar facendo música”.
O primeiro obradoiro é o seminario de vento que se desenvolverá do 29 xuño ao 3 de xullo. Está destinado a alumnos que desexen iniciarse nos instrumentos de ventos e a alumnos xa iniciados. A edil de Educación suliña que “todos os cursos rematarán cun concerto na rúa. Éste primeiro será o 3 de xullo ás 20:00 horas”.
Do 20 ao 24 de xullo desenvolverase o seminario de piano e percusión destinado tamén a alumnos de inicio e de nivel avanzado. O seminario de música clásica será do 17 ao 21 de agosto e poderán participar os alumnos que leven cursado polo menos tres cursos de instrumentos de corda. Lucía Bouza lembra que “este seminario é o segundo ano que se realiza e ten por obxectivo principal por en contacto aos alumnos de corda e vento coa música clásica, pero coa pretensión de que non vexan nela unha música aburrida, senón que sexan capaces de disfrutar coma coa música que máis lles agrade”. E do 24 ao 28 de agosto haberá un obradoiro de apreciación musical dirixido aos nenos de catro a oito anos “que descubrirán o noso primeiro instrumento musical que é a voz, haberá contacontos musicais, cantaxogos e talleres de construcción de pequenos instrumentos de percusión”.
O prazo de matrícula para participar nestes talleres será ata o día antes do comenzo de cada curso. O curso de apreciación musical para nenos terá un prezo de 5 euros para todos os matriculados. E o resto dos cursos serán gratuitos para os alumnos da Escola de Música de Burela e terá un custe de 10 euros para o resto dos participantes.
Dentro desta programación tamén se inclúe o segundo seminario de jazz que se celebrará do 13 ao 17 de xullo e que será presentado nun acto a desenvolver no Concello de Burela o vindeiro venres 19 de xuño.

Exit mobile version