Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo contratará 19 persoas con cargo ao programa de cooperación coas entidades locais da Xunta

CERVO .- O Concello de Cervo contratará a sete socorristas e doce traballadores do Grupo Municipal de Intervención Rápida “grazas ao programa de cooperación coas entidades locais”. As persoas que poidan estar interesadas nestes postos de traballo deben acudir a oficina de emprego. Tratase de contratos temporais por tres e seis meses.

NOTA DE PRENSA

As contratacións están subvencionadas pola Xunta de Galicia grazas ao programa de cooperación coas entidades locais

CERVO CONTRATARÁ A TRAVÉS DAS OFICINAS DE EMPREGO A SETE SOCORRISTAS E DOCE TRABALLADORES DO GRUMIR

•    Desde o Goberno municipal aconsellan a aquelas persoas que poidan estar interesadas nestes postos de traballo que acudan as oficinas do antigo INEM para comprobar e actualizar os seus datos.

Cervo, 13 de xuño de 2009.-  O Concello de Cervo contratará a sete socorristas e doce traballadores do Grupo Municipal de Intervención Rápida a través das Oficinas de Emprego. Así o anunciaron fontes do Goberno municipal que explicaron que as devanditas contratacións se realizan grazas á subvención da Xunta de Galicia a través do programa de cooperación coas entidades locais.

As contratacións terán carácter temporal, no caso dos socorristas cunha duración correspondente á época de baño estival –tres meses- e, no caso dos membros e persoal de Protección Civil cunha duración de seis meses e medio, desde a data de sinatura do contrato.

O Concello de Cervo desenvolverá ao longo da próxima semana o proceso de selección de persoal unha vez recibida a lista de posibles interesados desde as oficinas de emprego (antigo INEM). É por iso que aconsella a aqueles veciños que poidan estar interesados nestes postos de traballo que acudan ao Servizo Galego de Colocación a revisar e comprobar as súas solicitudes de emprego e se nelas aparecen descritos os postos de traballo que se están a ofertar.

Os sete novos socorristas terán como función principal a vixilancia das zonas de baño, nos principais areais do termo municipal. De xeito especial naqueles espazos de maior concentración de bañistas. Para 2009 dúas praias de San Ciprián, O Torno e A Caosa contan co recoñecemento de calidade e servizos que lle outorga a Asociación de Consumidores Europea (ADEAC), isto é, a bandeira azul.

O persoal temporal dos Grupos Municipais de Intervención Rápida (GRUMIR) desenvolve labores de apoio aos traballadores permanentes de Protección Civil e supoñen un reforzo de transcendental nestas labores, na época estival, onde Cervo multiplica a súa poboación, pola afluencia de visitantes, e se celebran as principais citas festivas do ano.

Exit mobile version