Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Ribadeo comeza unha campaña de lavado de colectores de lixo

RIBADEO (FNC) .- O Concello de Ribadeo comezou hoxe os traballos de lavado dos contedores de recollida do lixo “tanto de orgánico como de selectivo” polo que o edil de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, lles pide aos veciños que “non depositen o lixo ata despois das 12 da mañá”.

O concelleiro nacionalista tamén pide colaboración cidadá para que “a partires de mediados de xuño se absteñan de depositar a horas tempranas o lixo no contedor de orgánico, dado que coas altas temperaturas produce fermentación e como consecuencia malos olores. A ver si somos capaces entre todos de colaborar e depositar o lixo a partires das nove da noite, sobre todo durante o verán, ainda que despois durante o inverno o poidamos facer ás horas ás que o estábamos a facer sempre”.

Horacio Cupeiro asegura que “esta limpeza de contedores estámola a facer de xeito gratuíto porque Urbaser nos cede o camión lavacolectores para que os poidamos ter o máis limpos posible”. Estes traballos prolongaranse por espazo duns 10 días.

Exit mobile version