Site icon Crónica3.com A Mariña

Continúa o estudio para elaborar un “Plan estratéxico” global da provincia de Lugo

LUGO .- O martes, día 16 de xuño, ás 12 da mañá, no INLUDES, celebrase unha mesa sectorial que analizará e debatirá o sector do comercio, na provincia de Lugo co fin de “prepara un Plan Estratéxico que vai afrontar a provincia dun xeito global”. Xa se celebraron as mesas relativas á demografía e mercado de traballo, ós sectores da agricultura, forestal, pesca e marisqueo, así como á sociedade da información, abastecemento e saneamento e turismo.

Nota de Prensa

A Deputación aborda o turismo e o comercio da provincia nas mesas sectoriais do Plan Estratéxico
Axentes socioeconómicos analizan a diagnose pormenorizada da provincia que determinará a redacción do Plan prevista para agosto

O Plan Estratéxico da provincia, que está a elaborar a Deputación en colaboración con Caixa Galicia, celebra este xoves e o vindeiros martes dúas novas mesas sectoriais nas que se analizarán e debaterán os sectores do turismo e comercio da provincia. En total son 21 mesas nas que, desde o mes de maio, os representantes socioeconómicos analizan a diagnose pormenorizada da provincia que se elaborou durante a primeira fase o Plan, e fan as súas propostas.

Hoxe, ás 17:00 horas, no INLUDES terá lugar a de turismo e o vindeiro martes, 16 de xuño, ás 12:00 horas, a de comercio. Nestes momentos xa se celebraron as mesas relativas á demografía e mercado de traballo, ós sectores da agricultura, forestal, pesca e marisqueo, así como á sociedade da información e abastecemento e saneamento.

Esta é a primeira vez que en Lugo se prepara un Plan Estratéxico que vai afrontar a provincia dun xeito global. Trátase dun documento importante porque recollerán a realidade desta provincia e os seus retos de cara o futuro. Está previsto que o documento estea rematado no mes de agosto.

Exit mobile version