Site icon Crónica3.com A Mariña

Critica o PP de Burela a orde do día do pleno e din que é “unha burla ó sentido común”

NOTA DE PRENSA

O GMPP de Burela asegura que o alcalde é incapaz de plantexar proxectos e leva asuntos de trámite ós plenos.

González Barcia afirma que a orde do día do pleno é “unha burla ó sentido común”.

Os populares reiteran que esto vén acontecendo desde hai dous anos.

O GMPP de Burela afirmou hoxe que o alcalde é incapaz de plantexar proxectos interesantes para Burela, o que queda demostrado cos asuntos que mes tras mes van ós plenos, que son totalmente irrelevantes e non aportan nada para potenciar e dinamizar a economía do noso concello, e menos coa situación de crise que se está a vivir. Tanto é así, que os populares consideran que a orde do día do pleno de pasado mañán, xoves, é “unha bulra ó sentido común”, porque a aposta do bigoberno por Burela é igual a cero: os asuntos que levan ós plenos son de mero trámite.

Os populares aseguran que o alcalde solo é capaz de levar dous asuntos a pleno para o próximo xoves: un convenio para a recollida de aparellos eléctricos e electrónicos, e a creación dunha comisión para premiar as hortas e os solares de Burela. O GMPP asegura que a documentación do primeiro punto xa está no concello desde marzo, e chega a pleno co retraso habitual ó que nos tén acostumados o alcalde. No que se refire á creación da comisión de premios ós solares e hortas, os populares entenden que non é serio que este asunto se faiga sen un regulamento que obxective o que se vai premiar, e en que van consistir os premios; na comisión informativa avanzouse que podería ser un viaxe. E o peor de todo é que se ve que este punto incluiuse con presa, para encher o pleno, xa que no expediente só hai un folio, é todo o que hai sobre este asunto, que tamén podería tratarse a través dunha modificación da ordenanza de medio ambiente, para darlle máis seriedade, porque dito así, parece que vamos premiar peminos e leitugas.

En definitiva, un auténtico desproposito o que vén acontecendo mes tras mes. O que si é certo é que mes tras mes asistimos á incompetencia do bigoberno burelés, especialmente do seu alcalde, que non xenera ilusión nin proxectos de futuro para un concello cun potecial coma o noso, e que se limita a incluir asuntos irrelevantes nas ordes do día dos plenos. En troques, o PP vén introducindo durante todo o mandato municipal alomenos dúas mocións en cada pleno, referidas a cuestións que afectan os cidadáns en maior ou menor grado, pero que o alcalde se nega na maioria dos casos a apoiar.

Exit mobile version