Site icon Crónica3.com A Mariña

Excursión ao hospital da bisbarra

Por Otero Regal

Un dia de estes tiven que ir a consulta, e van unhas cantas, do neurólogo, si unha especie de loqueiro que despacha na porta primeira do primeiro pasillo da dereita do hospital da bisbarra.
¿Que por que vou o neurólogo, pois e lóxico, ¿vostedes cren que si estivera cordo aguantaría este estrés diario en que vivo?.
Para entreter a espera é debido a que tiña poucas ganas de que o individuo este borracho que sempre está nas esperas médicas me contase a súa vida, dediqueime a ler os carteis e notas que había desperdigados polas paredes. Nun deles, o director, xerente ou como sexa que se chame o que está a cargo do chiringuitocentro, explicaba as súas razóns para non dispensar a pílula do día despois a aquelas pacientes que o solicitaran. O motivo fundamental era de conciencia, despois viña unha longa lista de argumentos gasosos e finalizaba coa nai de todos os desatinos: segundo o iluminado este, había un mercado negro para a que eles non querían alimentar. Para un indixente intelectual semellante, a relación causa-efecto entre a negativa médica a dispensar a pastillita e que a xente se tivese que buscar a vida na rúa non existía. Esixir un razoamento tal a un cristofreak debe vir a ser como pedilo a Acebes ou Maior Orella que leven a cabo un experimento encamiñado a lograr a fusión fría dun par de isótopos de hidróxeno, supoño.
Sumo a isto a noticia que neste hospital ao parecer non se fixo case ningún aborto, pois os señores traballadores competentes na materia declaráronse obxectores de conciencia, algún destes profesionais, é un dicir, seica é do OPUS, e vota cada sermón moral aos clientes que máis lle valía presentarse para pregoeiro oficial da Semana Santa de Viveiro.
Ao igual que emprazo os xuíces e xuízas que se negaban e negan a unir en matrimonio a gay e lesbianas a deixar o seu cargo, invito dende este modesto canto a estes señores médicos corroídos polas dúbidas morais a que abandonen o seu posto de traballo e se busquen as lentellas nalgún centro privado. Porque mentres desempeñen o seu labor nun centro público, mentres cobren un soldo do diñeiro de todos -os que son da súa corda moral e os que non-, as súas coitas éticas persoais poden introducírllelas unha a unha polo alí….. Dedíquense a cumprir co que está lexislado ou vaianse onde as súas idioteces non lle arruínen a existencia a ningunha nena ou non tanto. E é que vostedes ese día durmirán tranquilos, pero asegúrolles que elas non.

Exit mobile version