Site icon Crónica3.com A Mariña

Furapresas organiza unha marcha en defensa da Fervenza en Mondoñedo

MONDOÑEDO .- A Plataforma Furapresas organiza unha marcha para “defender o patrimonio cultural, turístico e ambiental de Mondoñedo contra a desfeita das minicentrais”. Será o domingo, día 14, en Mondoñedo, partindo dende Os Muiños as doce e media da mañá, facendo varias escalas, ate A Fervenza, Piscina do Coto, para rematar as dúas e media da tarde cun xantar popular.

Referencia

Móllate polos nosos ríos: marcha reivindicativa en defensa da Fervenza en Mondoñedo
Nesta fin de semana desenvolveranse diversos  actos en defensa de A Fervenza e do río Figueiras organizados pola Plataforma Furapresas, da que fai parte ADEGA: queremos contar coa túa participación para defender o patrimonio cultural, turístico e ambiental de Mondoñedo contra a desfeita das minicentrais. O sábado 13 de xuño temos previsto unha proxección de fotos na Praza do Concello ás 23:00h e o domingo 14 imos ter varios actos reivindicativos na defensa dos ríos Tronceda e Figueiras que consistirán nunha marcha dende Os Muiños, facendo varias escalas, até A Fervenza (Piscina do Coto) para rematar cun xantar popular.

Exit mobile version