Site icon Crónica3.com A Mariña

Iniciativa do PP de Viveiro para facer aparcamentos no edificio “Parquemar”

NOTA DE PRENSA:

O GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR DE GALICIA (PPdeG) no Concello de Viveiro a través do seu portavoz D. GUILLERMO LEAL ARIAS en base á lexislación vixente, presenta a seguinte:

MOCIÓN

O crecemento da nosa Cidade, na zona de Cantarrana, foi moi alto nos últimos tempos e polo tanto a regulación do urbanismo nese núcleo debe de ser un tema de especial atención por parte do Concello a fin de lograr, o máximo confort e calidade de vida para os cidadáns. Algunhas accións pódense realizar con baixo costo e ter un gran aproveitamento para a poboación.

Na zona de A Parrela, temos unha realidade que é un solo urbano de 3.712 m2. que non cumpre o uso previsto inicialmente. tamén unha rúa estreita e sen saída que non permite unha fluidez no tráfico. Ao tempo, este crecemento de actividade na zona demanda aumentar a capacidade de aparcamentos para vehículos, favorecendo así o desenvolvemento da actividade comercial crecente na zona.

O colexio de Covas, ao que todos os cidadáns teñen que asistir, ten a vía de acceso bastante limitada dende a carreteira principal, pola rúa Osorio Páramo. Sería moi interesante, ao entender dos concelleiros do Partido Popular, dotar a esta zona dunha vía interior de acceso que mellore o tránsito peonil ademais de permitir unha fluída circulación de vehículos, coa correspondente mellora na seguridade dos pequenos cando asisten á escola.

Existe proximidade entre estes dous puntos, polo que é fácil abrir unha conexión urbanizada como calle que permita as referidas melloras, polo que solicitamos o apoio para o seguinte proxecto consistente en:

1º.- Realizar as variacións urbanísticas necesarias para construír un estacionamento en batería, na parte traseira do edificio ”Parquemar”.

2º abrir unha vía, con dobre sentido de circulación e beirarrúas entre a terminación da rúa A Parrela e o centro de Educación Primaria de Covas, e dando servicio ao aparcamento antes referido, na periferia do estacionamento.

Exit mobile version