Site icon Crónica3.com A Mariña

Inserirán un paso prefabricado debaixo da vía do tren para mellorar o acceso a Regosanguento en Xove

XOVE .- Na noite o martes está previsto que en Xove insiran un paso prefabricado debaixo da vía do tren co fin de abrir un novo acceso ao burgo de Regosanguento na parroquia de A Rigueira. O Alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, acompañado de responsables da construción, visitaron a obra que conta cun presupostos de 415.775 euros.

Nota de Prensa

O ALCALDE VISITA AS OBRAS DO NOVO PASO SUBTERRÁNEO CARA REGOSANGUENTO

O Concello de Xove está a realizar unha importante obra de acceso á Parroquia de A Rigueira. Trátase da abertura dun novo paso subterráneo de acceso ao burgo de Regosanguento na Parroquia de A Rigueira.
Dende hai moitos anos, concretamente dende que se construeu a via de FEVE ahí cáseque 50 anos,  cóntase cun pequeno paso de acceso a Regosanguento, o cal vai por debaixo da vía do tren e polo mesmo só cabe un vehículo, tendo que realizar unha pronunciada curva, o cal presenta un alto nivel de perigosidade.
A obra que se está a executar, e que o Alcalde, acompañado do Aparejador Municipal e o responsable da empresa Puentes y Calzadas que executa a obra,  acaba de inspeccionar, consiste en abrir un novo paso por debaixo da vía do tren que presenta dúas diferencias fundamentais con respecto ao antigo: por un lado elimínase cáseque completamente a curva do paso, e por outro, amplíase o acceso, xa que vaise contar cun ancho de 6 metros e un gálibor (altura de paso) de 4´30 metros.
Trátase ademáis dunha obra de gran complexidade técnica. Para a mesma preparouse un gran caixón prefabricado, dividido en tres módulos de 82 toneladas cada unha, que cando estén instaladas irán encastradas unha dentro doutra formando un bloque monolítico. A colocación deste caixón, que vai funcionar a modo de paso subterráneo, vai ter lugar na noite do martes 30 de xuño para o mércores 1 de xullo. Esta estructura vai ter que ser  introducida baixo a vía do tren, razón pola cal hai que realizar esta operación de maneira nocturna, dado que dende as 22:00 horas do día 30 ata as 8:00 horas do día 1 vai estar paralizada a actividade ferroviaria.
Esta obra está integrada dentro do Plan E, e conta cun presuposto de 415.775´73 €uros.

Exit mobile version