Site icon Crónica3.com A Mariña

Llano informa que empregados municipais cobrarán o complemento de produtividade proximamente

BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, asegura que a nova relación de postos de traballo (RPT) segue o seu curso. O rexedor sinala que “están traballando desde hai moito tempo técnicos da Deputación de Lugo conxuntamente co Concello, estase reunindo toda a documentación e en breve empezaremos a entrevistar ó persoal para ter en conta as súas opinións para facer esta nova RPT. O traballo de oficina estáse a facer con normalidade, había compromisos e éstes estánse a cumprir”.
Llano tamén se referiu hoxe ó complemento de productividade de 2008. O alcalde di que “os traballadores están informados perfectamente a través da comisión paritaria. O pago non ten porque ser nun mes nin nunha data concreta. Esa productividad van cobrala, houbo que establecer uns criterios para facer estes pagos, pero eso non quere decir que se vaia a deixar de pagar. Os traballadores están sempre ben informados. O que teño que decir é que si él (González Barcia) no seu momento integrou o complemento de productividade na nómina cometeu unha ilegalidade total, porque eso non se pode facer. Que estean tranquilos porque se está a traballar e dando información sempre ós traballadores”.

Exit mobile version