Site icon Crónica3.com A Mariña

Máis de 7.000 persoas acudiron á aula aberta do telecentro de Ribadeo

RIBADEO (FNC) .- A Rede de Dinamización da Sociedade da Información continuou en maio co seu traballo decidido a prol da inmersión da sociedade galega nas novas tecnoloxías en Ribadeo. No mes de maio impartiu un total de 7 obradoiros tecnolóxicos que tiveron unha duración de 29 horas e a través dos que se formou a 38 persoas. Asemade, 13 persoas inscribíronse como usuarios/as da Rede para poder aproveitar -sempre de xeito gratuíto- as instalacións e todas as actividades que esta oferta nas horas de aula aberta, que foi utilizada nun total de 548 ocasións.

En canto aos números xerais da Rede, desde que botou a andar no Concello de Ribadeo en febreiro de 2007, foron xa 804 os usuarios e usuarias que fixeron o carné da RDSI. Neste tempo leváronse a cabo 78 obradoiros, nos que se formou a 468 participantes. Tamén é importante o dato de utilización da aula aberta xa que foron un total de 7.760 usuarios/as os/as que fixeron uso das instalacións do Centro de Dinamización de Ribadeo dende o seu primeiro día de apertura.

Os obradoiros máis impartidos foron Iniciación á Informática (en 24 ocasións) e Iniciación a Internet (21 veces). Creación dunha conta de correo electrónico e Solicitude de cita médica en Internet foron os seguintes na lista. Tamén contaron con moi acollida entre a cidadanía os Xogos educativos en Internet, Saúde en Internet ou Mecanografía, que poñen de manifesto a grande diversidade formativa que oferta a Rede.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as actividades que se realizan en Ribadeo, os interesados poden dirixirse ao Centro de Dinamización de Ribadeo, sito na rúa Antonio Otero, 15, 2º andar, chamar ao teléfono 982.120.732 ou mandar un correo electrónico á seguinte dirección: mariacarmen.ribadeo@sociedadedainformacion.eu

Exit mobile version