Site icon Crónica3.com A Mariña

Medio cento de tractores participaron na movilización do SLG en Ribadeo

Tarctorada virtual na web do SLG

RIBADEO .- A caravana de tractores convocada polo Sindicato Labrego Galego ocasionou retenciones de tráfico desde a media mañá de hoxe nas estradas próximas a Ribadeo. Os participantes na tractorada, medio centenar de vehículos, realizaron o traxecto desde a cooperativa Vos Irmandiños, na parroquia ribadense da Devesa, ata o aparcamento dos centros comerciais que hai na entrada de Ribadeo, na zona de Vilar, e despois entraron no centro da vila.
O obxectivo da protesta é reclamar ás administracións públicas solucións ante a crise que sofren os ganaderos polos baixos prezos que lles pagan polo leite que producen, como explicou o responsable comarcal do Sindicato Labrego Galego, Antonio Villarino, en declaracións á emisora de radio Onda Cero A Mariña.

Exit mobile version