Site icon Crónica3.com A Mariña

Mellorarán o acceso a praia cervense de A Limosa en Lieiro

CERVO .- A praia de A Limosa de Lieiro contará cunha entrada directa que permitirá a súa visita a pé e facilitará o acceso aos bañistas, según anunciou o alcalde de Cervo, Alfonso Villares. As obras, que foron xestionadas con Costas polo goberno municipal, comezarán de xeito inminente, asegurou o máximo mandatario.

NOTA DE PRENSA

Así o explicou o Alcalde de Cervo quen adiantou que as obras comezarán de xeito inminente grazas as xestións desenvolvidas polo Goberno municipal diante de Costas

A PRAIA DA LIMOSA EN LIEIRO CONTARÁ CUN ACCESO MELLORADO PARA OS SEUS BAÑISTAS

•    Na actualidade para poder chegar a este areal é preciso cruzar polas pedras de ribeira “un terreo escarpado e perigoso” que non pode ser empregado por todos os seus potenciais usuarios.

•    O Concello de Cervo cumpre así cunha suxestión dos veciños de San Ciprián e de Lieiro que reclamaban a posta en valor dunha das praias máis descoñecidas do municipio.

Cervo, 02 de xuño de 2009.- O Alcalde de Cervo, Afonso Villares explicou no día de hoxe que a praia de A Limosa de Lieiro está moito máis preto de permanecer ao alcance dos veciños e visitantes do municipio tras o inminente comezo das obras de mellora do viario que facilitará o acceso aos bañistas.

Un dos areais máis fermosos do noso concello, frecuentado habitualmente por xente nova e polos amentes do surf, contará cunha entrada directa que permitirá a súa visita a pé.

ACCESO PERIGOSO

A día de hoxe, a raíz do peche do recinto industrial da factoría Alcoa, non existe un acceso directo ata este areal, xa que para poder chegar a ela hai que cruzar polas pedras da ribeira “un terreo escarpado, e en ocasións perigoso, que non pode ser empregado por todo aquel que ten intención de achegarse ata esta praia”

Deste xeito o Concello de Cervo faise eco dunha reivindicación dos veciños de Lieiro e de San Ciprián que reclamaban a posta en valor deste areal ata o de agora descoñecido para moita xente. O rexedor municipal mantivo contactos en diversas ocasións coa Dirección General de Sostenibilidad de la Costa (antiga Dirección General de Costas), para que puideran colaborar na solución a este problema.

OBRA INMIENTE

O Consistorio vén de anunciar que de xeito inminente comezarán as obras de retirada das pedras que actualmente dificultan o acceso a este areal e despois diso, terán lugar as actuacións de adecuación dos terreos resultantes creando mellorando o acceso actual de tal xeito que poida ser empregado polos futuros usuarios.

O concello de Cervo, como o resto da costa de Lugo, caracterízase pola calidade das súas praias. Así o acreditan os recoñecementos outorgados a moitas delas -que obtiveron a bandeira azul- e gozan da popularidade de asiduos visitantes na época estival, así como son escollidas para pasar o seu tempo de lecer pola maior parte dos veciños do municipio.

Desde a súa chegada ao Goberno municipal, o equipo dirixido polo popular Alfonso Villares traballa na mellora, acondicionamento e posta en valor dos areais do municipio. Un dos proxectos máis ambiciosos é o novo acceso á praia de Rueta (Cervo) ao que agora se lle debe engadir as actuacións previstas –e de inicio inminente- na praia de Lieiro.

MEDIO NATURAL

As obras que teñen previsto desenvolverse nos próximos días no areal de Lieiro executaranse co máximo respecto ao medio natural e á súa contorna. Traballarase con precaución para provocar o menor impacto posible de tal xeito que o novo viario resultante poida facilitar un acceso seguro aos futuros usuarios. En todo caso o Concello de Cervo non descarta desenvolver as xestións oportunas para dotar a esta praia dun viario que conecte o areal de Lieiro coas estradas que circundan esta parroquia sancibrense.

Exit mobile version