Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, ten a intención de volver ser o candidato do PP á alcaldía

CERVO .- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, ten a intención de volver ser o candidato do Partido Popular á alcaldía nas eleccións de 2011.
Anunciouno en declaracións á emisora de radio Onda Cero A Mariña, onde Villares tamén dixo que está máis ilusionado que nunca, polo que quere continuar no cargo.
Ademais, Alfonso Villares fixo un balance positivo dos dous anos que leva na alcaldía pero espera que a segunda metade do mandato sexa aínda máis fructífera para o Concello de Cervo por contar agora co apoio do goberno da Xunta.

Exit mobile version