Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Cervo anuncia que dispón de terreo en San Cibrao para un centro de día

CERVO .- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, aproveitará o encontro con secretaria xeral de Familia e Benestar, Susana López Abella, para mostrarlle un terreo, en San Cibrao, de titularidade municipal, que podería servir como emprazamento ideal para albergar as instalacións do futuro centro de día.

NOTA DE PRENSA

O rexedor municipal explica que a zona escollida para situar o futuro centro de benestar está en San Ciprián moi próxima ao novo Centro de Saúde e ao carón das instalacións deportivas

CERVO OFRECE Á SECRETARIA XERAL DE BENESTAR 600 METROS CADRADOS DE TERREOS PARA A CONSTRUCIÓN DUN CENTRO DE DÍA

•    Trátase dun emprazamento ideal para albergar instalacións destas características.

Cervo, 11 de xuño de 2009.- Ás 16.30 horas desta tarde está prevista a visita institucional da nova secretaria xeral de Familia e Benestar, a lucense Susana López Abella, ao Concello de Cervo. O Alcalde aproveitará o encontro para mostrarlle á nova alto cargo do Goberno de Galicia un terreo de titularidade municipal que podería servir como emprazamento ideal para albergar as instalacións do futuro centro de día.

Alfonso Villares explicou que se trata dun espazo de 600 metros cadrados de planta, situado en San Ciprián, moi próximo ao novo Centro de Saúde inaugurado recentemente nesta localidade, e ao carón das instalacións deportivas municipais.

O Goberno local do Partido Popular, que xestionou a visita de Susana López Abella, ten a esperanza de que estes terreos poidan servir para que o futuro centro de día municipal sexa unha realidade o antes posible, e nese senso, desexa unha acollida favorable dos novos responsables da Xunta de Galicia para que impulsen a dotación desta nova infraestrutura que completaría a rede de servizos sociais e de benestar no municipio.

Ata o momento os xestores da anterior administración autonómica viñan negando a posibilidade de crear este novo servizo dedicado á atención que precisan moitas persoas maiores, e dependentes.

Exit mobile version