Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG acusa ao PP de non apoiar a Burela na contratación de persoal para as praias

NOTA DE PRENSA (FNC)
NEVES CANDO ACUSA AO PP DE NON APOIAR A BURELA EN CUESTIÓNS TAN IMPORTANTES COMO A PESCA OU A CONTRATACIÓN DE PERSOAL PARA AS PRAIAS.

Burela, 5 de xuño de 2009. A teniente de alcalde, Neves Cando, critica a actitude que mantivo no pleno de onte o PP de Burela, “comprobamos unha vez máis que o PP de Burela só atende aos dictados do seu partido e non á defensa dos intereses do veciños e veciñas de Burela. E decímolo porque onte o PP de Burela dixo que non a que a Xunta exercese as súas competencias en pesca e actuando con responsabilidade apoiase a este sector no momento delicado de crise que atravesa”.

A edil nacionalista explica que “tratabamos neste caso da necesidade de que o goberno do Estado habilitase unha liña de axudas específicas que compensase a falla de ingresos dos tripulantes e armadores afectados pola paralización temporal obrigatoria da flota pesqueira. Pero nós consideramos e así o dixemos onte no pleno que a Xunta debe asumir o pago destas axudas en tanto o Estado non as aprobe. A Xunta pode e debe facelo e temos exemplos na comunidade veciña en Asturias, onde o goberno autonómico ten asumido estas axudas mentras o goberno do Estado non realice as xestións para aprobalas. E o PP de Burela votou en contra, o PP de Burela considera que a Xunta non ten que apoiar neste tema aos nosos mariñeiros e armadores e en cambio sí o pode facer noutros sectores como o automovilístico e o leiteiro, como anunciou hai pouco o presidente da Xunta. Éste é realmente o compromiso do PP de Burela co sector leiteiro cero”.

Neves Cando engade que “éste non foi o único exemplo de negativa do PP sobre asuntos relacionados con Burela. Presentábamos unha moción de urxencia para instar á Consellería de Traballo a que resolvese urxentemente a orde que regula os programas de cooperación local que nos permite aos Concellos, entre outro persoal, contratar aos socorristas, aos membros do GMIR ou auxiliares de turismo. A día de hoxe no Concello de Burela non temos ningunha noticia de cando se nos concederá este tipo de persoal, e algúns destes postos de traballo son vitais, urxentes e prioritarios para encarar a tempada estival no noso concello”.

Parón administrativo na Xunta

A teniente de alcalde de Burela suliña que “o salvamento e a seguridade nas praias, o GMIR, o persoal para complementar o barco museo e a oficina de turismo ou o persoal de reforzo para a limpeza das praias teñen que estar traballando no momento no que comenza a tempada estival e da Xunta non sabemos nada de nada e o máis grave é que na Xunta ninguén sabe nada de nada. Existe un parón administrativo brutal nesa engranaxe de superdelegados e xefes territoriais que montou o Sr.Núñez Feijóo, e ninguén desde hai dous meses toma decisión na Xunta”.

Ao equipo de goberno de Burela todo esto parécelle moi grave “porque despois a oposición ben que critica e que fala o retraso na limpeza das praias ou na contratación de socorristas, pero onte non. Onte o PP de Burela non considerou necesario nin urxente que a Xunta resolvese estes programas de cooperación local. Ese é o compromiso e o traballo do que tanto presume o PP de Burela. Cando hai que mollarse para defender os intereses de Burela, e falamos do sector pesqueiro ou dos socorristas das praias, o PP de Burela di que non ou que non é urxente e despois falan de traballo. Di de que presumes e direiche o que che falta”.

Exit mobile version