Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Barreiros advirte dunha posible “catástrofe” por desmoronamento si non se amaña o acceso a N-634

BARREIROS (FNC) .- O BNG de Barreiros esixe o inmediato arranxo do acceso a San Caetano desde a N-634 que leva cortado preto de sete meses. O voceiro da formación,  Antonio Veiga, sinala que “no pleno do martes insistimos unha vez  máis en que ese vial quedou cortado por culpa dunha tromba de auga, impedindo así o acceso á capela de San Caetano, ao campo no que se fai a festa da tortilla, a un futuro negocio de hostelería que se está a instalar na zona e perxudica tamén gravemente a toda a actividade agrícola da zona dado que teñen que dar unha volta bastante grande, incluso baixando pola N-634, de 3 ou 4 kilómetros para circular dunhas fincas a outras”.
O edil nacionalista di que “ainda é máis grave esta situación porque ao longo deste vial vai soterrada a rede de abastecemento de auga desde a depuradora do Masma ata os depósitos de San Caetano que abastecen a todo o concello de Barreiros. Son miles de litros de auga os que pasan por alí e esas tuberías agora mesmo están á intemperie, co que si se produce outro desmoronamento, que é moi probable que poida ocurrir ainda que non volte unha tromba de auga, a catástrofe e os prexuizos poden ser grandísimos. Nós non entedemos como despois de sete meses esto segue sen arranxarse, máxime cando hai unha partida presupostaria para o mantemento da rede viaria e neste caso a súa urxencia está xustificada”.
Veiga Outeiro engade que “vimos no último pleno extraordinario que se pagaron preto de medio millón de euros en facturas pendientes de aprobación, moitas delas con reparos de intervención porque eran gastos indebidamente xustificados e noutros casos non xustificados e entendemos que este gasto sí que está perfectamente xustificado pola súa urxencia e para evitar moitos problemas”.
O BNG agarda que “durante este mes se tome unha solución por parte do Concello porque ao mesmo tempo o malestar dos veciños é moito. Decirlles a eles que nós seguiremos esixindo esta urxente reparación do vial e senón voltaremos a reunirnos para ver cales son as medidas que poderemos tomar para que o Concello actúe nun caso que é de extrema gravidade, segundo o noso entender”.

Exit mobile version