Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Cervo cualifica de “Paseos sen resultados” as reunións do alcalde con cargos da Xunta

NOTA DE PRENSA
O BNG CUALIFICA COMO “PASEOS SEN RESULTADOS” AS CONTÍNUAS REUNIÓNS DO ALCALDE CON ALTOS CARGOS DA XUNTA DO PP

As vivendas de Río Covo entregaranse nos prazos previstos con anterioridade para unha obra que o PP anunciou no 2001 e non foi executada ate que o BNG chegou ao goberno galego.

Balseiro que reclamaba na campaña electoral mais solo industrial para combater a crise, agora deberá conformarse coa ampliación do Polígono de Cuiña executada polo goberno do BNG.

Cervo, 18 de xuño de 2009. Mentres o Sr. Villares segue anuciando abviedades, os feitos veñen a confirmar que PP no goberno galego continua sen adquirir ningún compromiso formal sobre todas aquelas actuacións que o parlamentario, José Manuel Balseiro, anunciaba en campaña electoral. As vivendas sociais de Río Covo vanse entregar nos prazos previsos polo anterior goberno galego que foi quen as executou 4 despois de que o PP as anunciara no 2001 sen chegar a facer nada. Outro tanto sucede cos compromisos sobre solo industrial no entorno de Alcoa que o parlamentario se comprometía a executar en campaña para combater o desemprego, e agora é precisamente a crise económica a que aparca o proxecto para conformarse coa ampliación do Polígono de Cuíña que tamén executou un goberno nacionalista.

NAS VIVENDAS SOCIAIS DE RÍO COVO O PP SÓ PUXO UN CARTEL ANUNCIADOR NO 2001 E TIVO QUE CHEGAR O BNG Á XUNTA PARA EMPEZAR A EXECUTALAS A PARTIR DE 2005

Sobre a entrega aos seus adxudicatarios das vivendas de promoción pública de Río Covo, nin o alcalde desbloqueou nada, nin había nada que desbloquear xa que estas vivendas van ser entregadas nos prazos previstos polo anterior goberno galego que foi quen as executou despois de que o PP anunciara este proxecto no 2001 sen que se soubera nada del ate a chegada do BNG á Consellaría de Vivenda e Solo que foi quen as executou e as adxudicou definitivamente a 14 das 15 persoas que figuraban na lista provisional ao quedar unha libre unha a solicitude do goberno local a cambio do aproveitamento urbanístico.

NA ATALAIA O CONCELLO AÍNDA NON REMATOU AS OBRAS INICIADAS POLO GOBERNO LOCAL EN MAIO DE 2007

En relación ás vivendas da Atalaia, hai que lembrarlle ao Alcalde que o propio concello aínda ten sen rematar as obras de reforma da praza interior, que foron adxudicadas pola Xunta de Goberno Local en maio de 2007 e das 9 luminarias colocadas, só funcionan 3 e as escaleiras de acceso quedaron sen iluminación; algo que foi reclamado polo BNG a petición dos veciños no mes de marzo pasado, sen que houbera respostas de ningún tipo.

O DIRECTOR XERAL DO IGVS TIRA AO LIXO OS COMPROMISOS DE BALSEIRO SOBRE O CINTO INDUSTRIAL DE ALCOA

Mentres o parlamentario e Tte. Alcalde de Cervo, José Manuel Balseiro, reclamaba en plena campaña electoral das eleccións galegas o cinto industrial de Alcoa para combater a crise e o desemprego, agora é un membro do goberno do seu partido político quen dice, co visto bó do Alcalde, que non é viábel esa actuación polo mesmo motivo; unha de dúas, ou o Director Xeral do IGVS corrixe as súas afirmacións, ou ao parlamentario e Secretario da Cámara Galega, Sr. Balseiro, non lle fan moito caso os seus compañeiros de Santiago. A maior abundamento, o Sr. Balseiro e o Alcalde, Sr. Villares, haberá que preguntalles si lle presentaron ao Director Xeral os informes sobre viabilidade que esgrimían fai escasos meses para defender o cinto de Alcoa e si tamén foron parar, ao igual que os compromisos de Balseiro, ao caldeiro do lixo.

O ALCALDE DEBERÁ CENTRARSE EN ENCHER DE EMPRESAS A AMPLIACIÓN DA SUPERFICIE INDUSTRIAL QUE O BNG LLE DEIXOU COMO HERDANZA EN CUÍÑA

O Goberno Local deberá traballar para desenvolver a ampliación de mais de 170.000 m2 de solo industrial que a anterior Consellaría de Vivenda e Solo deixou en Cuíña, e que se complementan con espazos para zonas dotacionais entregadas recentemente ao concello. Ademais, hai que engadir a instalación dunha planta de almacenamento e redes primarias e secundarias de gas licuado, e redes wimax, que deixou en fase de execución a anterior Consellaría de Innovación e Industria, que dirixía o nacionalista Fernando Blanco.

Para o BNG estas instalacións deberán permitir, no momento da reactivación económica, estar en condicións de ofrecer solo industrial con equipamentos complementarios capaces de facer atractivo ao sector empresarial o polígono empresarial de Cuíña e o Alcalde, no lugar de intntar atribírse méritos que non lle corresponden debe dedicarse a intentar mellorar o xa feito e cumprir aquelo que el e os seus compañeiros de partido prometeron mentres estaban na oposición.

Exit mobile version