Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG ve insostible a situación económica de Barreiros cun déficit dun millón de euros

BARREIROS (FNC) .- O BNG presentou unha moción de urxencia ao pleno celebrado onte sobre as subvencións que se están adebedando aos clubes de fútbol do concello “para que se axilicen eses pagos dado que a súa situación comenza a ser preocupante porque levan tres anos sen recibir eses cartos e esto supón que arrastren débedas e deixar sen pagar unha serie de cousas e a situación empezaba a ser insostible”, segundo explica o edil nacionalista, Xesús Díaz.
O concelleiro do BNG en Barreiros engade que “a directiva do Iberia acudiu ao pleno e estivo alí facendo un pouco de presión ao alcalde para que axilice eses pagos e o alcalde acabou recoñecendo as débedas e o que se lle esixiu é que poña prazos, cousa que non fixo. A directiva quere que se establezan prazos de cando se van cobrar non só boas vontades”.
Desde o BNG “parécenos moi raro que as subvencións concedidas e presupostadas estean sen cobrar e sen embargo neste mesmo pleno houbo un recoñecemento de créditos extraxudicial de máis 400.000 euros. É tremendo que o Concello elabore uns orzamentos de ingresos e de gastos e que agora teñamos que aprobar estes 400.000 euros para pagar as facturas pendentes a proveedores aos que tamén lles hai que pagar porque teñen cobrar, e que outros gastos e subvencións presupostadas pois resulta que nin se pagan”.
Xesús Díaz considera que “hai un descontrol nos presupostos do Concello que nos está asustando moito e o que leva a ter unha débeda recoñecida dun millón de euros no ano 2008. A situación é bastante insostible e anómala, cremos que esto non se pode manter así, estes compromisos adquiridos hai que cumprilos e tamén o pago aos proveedores, e pensamos que é necesario que leven unha relación máis acorde co que é o presuposto e que traballen para que a situación do Concello sexa o máis favorable posible”.

Exit mobile version