Site icon Crónica3.com A Mariña

O Club de baloncesto Burela ve positiva a tempada e os proxecto de futuro

BURELA .- Remata a tempada para o clube baloncesto Burela cos partidos de categorías inferiores e o partido do equipo júnior co ED. Lourenzá. A modo de balance, podemos salientar que o clube tivo disputando ligas zonais 6 equipos, entre eles merece salientar os resultados de dous equipos o alevín masculino e o júnior femenino.
O equipo alevín masculino foi campión da Liga escolar de A Mariña e acadou o terceiro posto na fase provincial que tivo lugar precisamente en Burela.
O equipo júnior feminino foi campión da liga provincial de Lugo, título que lle deu opción a disputar a copa Galicia da FGB, onde foi eliminado polo Arxil, que ao final foi o campión. Tamén participou en varios torneos, entre eles a pasado fin de semana, 30 de maio, no Torneo “Sagrado Corazón” de Lugo, do que resultou ganador, enfrontándose na final ao Maristas Lugo.

A xunta directiva do clube está xa a planificar a próxima tempada onde temos a idea de seguir aumentado o número de equipos, se nesta tempada tivemos 6, esperamos aumentalos a un mínimo de 8 na próxima. É de salientar que na vindeira tempada imos a aumentar o número de equipos masculinos e tamén que por primeira vez na historia do clube imos ter un equipo senior feminino para disputar a Liga zonal. Aproveitamos a ocasión para que todas aquelas xogadoras nacidas antes de 1992 que desexen continuar ou volver a practica do basket o fagan con nós na vindeira tempada.

Outros proxectos son en colaboración cos clubes que teñen equipos femininos da Comarca, tentar chegar a convenios de colaboración de cara a potenciar ou unificar os equipos júnior feminino. Este proceso de colaboración está moi avanzado co Celtas de Foz. Partindo da realidade de que hoxe na Comarca o baloncesto feminino está a unha altura, nas categorías base, superior incluso a de Lugo cidade, debemos tentar que os equipos de A Mariña poidan codearse cos mellores equipos galegos.

Exit mobile version