Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Ribadeo poñerá valados de seguranza na praia de Rocas Brancas por desprendementos

RIBADEO (FNC) .- O Concello valará nas vindeiras horas a zona da praia de Rocas Brancas na que se están a producir desprendementos, despois e segundo se acordou co Servizo Provincial de Costas procederase a colocar unha malla metálica para estabilizar ese talude. O alcalde, Fernando Suárez, lembraba hoxe que “xa hai semanas en continuo diálogo co Servizo Provincial de Costas procedeuse á retirada de pedras que se foron acumulando nos últimos meses ata o límite que os responsables de vixilancia e de Medio Ambiente tanto da comunidade autónoma como do ministerio permitiron e cumprindo estritamente coas instrucións que daban os técnicos de Medio Ambiente”.

O rexedor recoñece que “estes días houbo algún desprendemento dalgunha rocha, dalgún penedo illado o que fai que nos preocupe esta situación polo que tamén e en estreito contacto con Costas ao longo do día de hoxe imos proceder ao valado dunha parte desta praia. Xa nos vindeiros días acometerase unha solución definitiva que todo apunta a que vai ser a colocación dunha malla metálica para poder estabilizar este talude, porque os desprendementos, mal que nos pese, é un proceso de degradación de todo o litoral e é imposible impedir que eso se produza”.

Suárez Barcia engade que “solucións máis drásticas coma o peche da propia praia non se plantexan, senón que se pensa que o mellor vai ser establecer un valado nun lateral que é o máis perigoso deste areal”.

Exit mobile version