Site icon Crónica3.com A Mariña

O IES Perdouro de Burela difunde en YouTube a súa proposta formativa

BURELA .- O IES Perdouro de Burela promociona a súa oferta educativa no portal YouTube por medio de dous vídeos nos que exalumnos do centro relatan a súa experiencia profesional e empresarios da Mariña contan a súa experiencia con alumnos do centro. O xoves día 11 celebrase no centro un encontro entre as empresas colaboradoras na Formación en Centros de Traballo da Formación Profesional baixo o título “Colaboración Empresas-Centro de Ensino na Formación Profesional”

Nota de Prensa

Maná  xoves día 11, a partir das 20:30 terá lugar no centro un acto de encontro entre as empresas colaboradoras na Formación en Centros de Traballo da Formación Profesional baixo o título “Colaboración Empresas-Centro de Ensino na Formación Profesional” .
No transcurso do mesmo farase a presentación do documental “Ciclos Formativos de FP -Aposta polo futuro” realizado por Matías Nicieza, no que exalumnas e exalumnos do centro ralatan a súa experiencia profesional despois de rematar estudos de Formación Profesional no IES PERDOURO. No mesmo empresarios da Mariña contan a súa experiencia con alumnos do centro, tanto no periodo de prácticas en empresas, como despois como traballadores contratados.

Exit mobile version