Site icon Crónica3.com A Mariña

O observatorio da Mariña pola Igualdade presenta a campaña “Que é iso da lei do aborto?”

Asistentes a un acto do observatorio da Mariña pola Igualdade

A MARIÑA .- O observatorio da Mariña pola Igualdade presenta o venres, día 12, en Burela, a campaña informativa “Que é iso da lei do aborto?”.  O obxectivo da campaña é promover a reflexión crítica da sociedade dunha forma construtiva e contrastiva, para que deste xeito poida formarse a súa propia opinión sobre o aborto. O acto terá lugar en Burela, a partir das doce e media do mediodía, na confluencia entre as rúas Concepción Arenal e Rúa da Lamestra (esquina de Mobles Toxeiro).

Nota de Prensa

O Observatorio da Mariña pola Igualdade presenta este venres 12 en Burela a campaña informativa
‘QUE É ISO DA LEI DO ABORTO?’

As membras do Observatorio repartirán material informativo no que se explican diferentes posicións sobre a interrupción voluntaria do embarazo

A asociación feminista Observatorio da Mariña pola Igualdade presenta este venres día 12, a campaña ‘QUE É ISO DA LEI DO ABORTO?’. O acto terá lugar en Burela, a partir das 12.30 do mediodía, na confluencia entre as rúas Concepción Arenal e Rúa da Lamestra (esquina de Mobles Toxeiro). Alí, buscando responder ao lema principal da campaña, QUE É ISO DA LEI DO ABORTO?’, as membras do Observatorio repartirán material informativo sobre as diferentes posicións que existen arredor da interrupción voluntaria do embarazo.

A metodoloxía deste material consiste en contrastar respostas a cuestións como “é un delito ou un dereito?”, “coarta ou aumenta a liberdade das persoas?”, “é só cousa de mulleres ou é importante para toda a sociedade?”, “mellorará ou empeorará a vida das persoas?”. O obxectivo da campaña é promover a reflexión crítica da sociedade dunha forma construtiva e contrastiva, para que deste xeito poida formarse a súa propia opinión sobre o aborto.

Exit mobile version