Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela afirma que non asistiron ao homenaxe aos náufragos porque non foron avisados

NOTA DE PRENSA

O GMPP de Burela afirma que non asistiron ó homenaxe ós náufragos porque non foron avisados polo bigoberno.
Os populares acusan ó bigoberno de maleducado e impresentable.
Lamentan que se use un acto así para sacar réditos políticos.

O GMPP de Burela emitiu hoxe unha nota de prensa na que afirma que ningún representante do mesmo acudiu ó acto en memoria dos náufragos que tivo lugar onte, martes, porque sinxelamente ninguén os avisou e non sabían que ese acto ía ter lugar.
Os populares consideran que o bigoberno burelés, especialmente o alcalde e Nieves Cando, demostran con esta forma de actuar unha irresponsabilidade política sen precedentes. Ademais, consideran que foron unhos maleducados, rozando coa sinvergonzería, porque o alcalde, Nieves Cando, e Pascual Domenech, alomenos unha vez na mañán de onte, martes, cruzáronse no concello, antes do acto no porto, co portavoz do Grupo Popular, José María González Barcia, e nada lle dixeron.
Polo tanto, o Grupo Popular entende que o que se fixo desde o bigoberno foi manipular e politizar un acto cívico de lembranza dos náufragos, nun comportamento máis propio de cantamañanas políticos ca de representantes da cidadanía con responsabilidades de goberno. Cousa que non nos extraña, xa que agora tamén os do Bloque van ás misas e ás procesións, cando antes, cando estaban na oposición, nin as pisaban.
Burela debe coñecer a verdadeira forma de ser destas persoas, que teñen como norma de conducta o resentimento e que dubidamos de que realmente teñen sentimentos cando lembran os náufragos. Agardamos que teñan a delicadez de pedir disculpas, porque o que fixeron non tén ningunha explicación, só a de marxinar á forza política maioritaria na corporación e a máis votada eleccións trás eleccións.

Exit mobile version