Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela xustifica a súa abstención na moción para reclamar os GRUMIR

NOTA DE PRENSA
O GMPP de Burela acusa ó bigoberno de actuar de xeito cobarde.

González Barcia afirma que a Xunta comunicou o pasado venres a concesión de socorristas e GRUMIR .

Os populares abstivéronse nunha moción presentada de mala fé polo bigoberno o pleno do pasado xoves.

O GMPP de Burela, a través do seu portavoz, José María González Barcia, manifestou hoxe que se abstivo na urxencia e na votación da moción presentada no pleno municipal celebrado o pasado xoves polo bigoberno burelés demandando da Xunta urxencia na resolución do Plano de Cooperación, que permite contratar socorristas, persoal do GRUMIR, etc., porque entendía que non había tal urxencia, toda vez que outros anos se tiña recibido a comunicación, na segunda quincena de Xuño. A moción do bigoberno local fora presentada con carácter de urxencia e entregada ós populares xusto ó comenzo da sesión, nun acto de clara cobardia política e de tentar rentabilizar a moción desde un punto de vista partidista e actuando de mala fé.

González Barcia considera que o Grupo Popular estaba no certo ó afirmar que non era urxente, porque ó día seguinte, o venres, había un fax no concello confirmando socorristas e GRUMIR, o imprescindible para comenzar o verán. Polo tanto, nin o alcalde nin Nieves Cando tiñan razón para criticar ó PP pola súa falla de apoio. É máis, Nieves Cando chegou a decir que o PP se opoñía a que a se urxira á Xunta que apurase a resolución, e eso é unha burda mentira. Segundo Barcia, Nieves Cando debería ser máis prudente nas súas manifestacións, porque ás veces minte máis ca respira. E ademais debería pedir disculpas polo que dixo, e recoñecer que o que pretendia facer era unha manobra política para

González Barcia considera que quen non mira polos cidadáns de Burela é o bigoberno local, que non pón en marcha nin un só proxecto ilusionante.

Exit mobile version