Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Cervo replícalle ao BNG

NOTA DE PRENSA
Nin en materia de vivenda social, nin na área industrial, nin no ámbito forestal as Consellerías de responsabilidade nacionalista apostaron polo municipio, por todo iso, o PP sospeita que o bipartito tiña instruccións de esquecer a Cervo e aos seus veciños
O PP REPLÍCALLE AO BNG QUE A XESTIÓN NACIONALISTA NA XUNTA FORON CATRO ANOS PERDIDOS PARA CERVO

* En catro anos o BNG foi incapaz de promover novas vivendas sociais ou protexidas en Cervo nin entregar aos seus lexítimos adxudicatarios as de Rio Cobo

* Foi unha decisión do Goberno bipartito galego, a proposta da conselleira nacionalista de Vivenda, a que deixou sen efecto o proxecto de creación do cinto industrial de Alcoa.

* A xestión dos nacionalistas en materia de solo industrial en Cuiña constrasta coa do PP que encheu de empresas, tal e como volverá a facer, as parcelas baleiras.

Cervo, 19 de xuño de 2009.- Os populares cervenses saen ao paso das declaracións efectuadas polo único concelleiro nacionalista en Cervo, Xoán Antón Estúa coas que este edil pretendía xustificar a xestión do BNG nas diversas responsabilidades de Goberno que tiveron na Xunta e a súa discutible incidencia en Cervo. Os populares replican que para os veciños deste municipio os catro anos de Goberno do bipartito en Galicia foron tempo perdido. “Nin en materia social, nin na área industrial, nin no ámbito forestal as Consellerías de responsabilidade nacionalista apostaron polo noso concello. Incluso cabe sospeitar que o bipartito tiña instruccións expresas dos edís da oposición local de esquecer a Cervo e aos seus veciños”.

VIVENDA

Os populares fan un breve resumo destes desprezos e explican que así por exemplo o BNG foi incapaz de promover novas vivendas sociais ou protexidas en Cervo, o que contribuíu a non asentar nova poboación. “A falta dunha estratexia política sobre vivenda accesible implicou a perda duns 500 habitantes. A Xunta bipartita tan só impulsaba este tipo de política en municipios como Burela, Viveiro e Foz, esquecéndose do noso concello. A pesares incluso de que ofrecimos á Consellería solos para levantar vivendas sociais”

Tampouco foron quen entregar aos seus lexítimos adxudicatarios os adosados de Rio Cobo. “So faltaba que encima foran incapaces de levar adiante o proxecto construtivo que lles deixaron listo. Eso si, rematadas as obras levan meses e meses e temos que ser outros os que desbloqueemos a súa entrega para que os seus propietarios poidan recibir as chaves”

O BNG DEIXOU SEN EFECTO O CINTO INDUSTRIAL

En materia de solos industriais os populares cervenses explican que foi unha decisión do Goberno bipartito galego a proposta da conselleira nacionalista de Vivenda a que deixou sen efecto o proxecto de creación do cinto industrial de Alcoa. “Unha decisión discutida e discutible do Executivo bipartito que ten que cambiar”. Neste senso lembra que foi o propio Alcalde quen se presentou na manifestación convocada polo BNG e entregou un escrito de protesta ao conselleiro de Industria indicándolle que días antes de reclamar a apertura do dique norte de Alcoa ao tráfico comercial xeral o propio BNG, deixaba sen efecto a creación do cinto industrial que serviría para ofertar o solo necesario para que alí poidan instalarse as novas empresas que operarían desde o dique. Nesa liña reclaman aos nacionalistas e ao propio BNG un pouco de coherencia.

Insisten en que o compromiso do PP e reverter todo o proceso e estudar a fórmula de recuperar un proxecto estratéxico que servirá para crear novos postos de traballo e non destruílos. “Pero desafortudamente agora case partimos de cero”. Neste ámbito pregunta aos nacionalistas que foi o que o BNG fixo desde Industria “cando se estaban a despedir por centos a traballadores das empresas exteriores de Alcoa. Naquel momento, deron a calada por resposta e hoxe esa xente está engrosando as listas do INEM”.

CUIÑA

Finalmente desde o PP subliñan que a xestión dos nacionalistas en materia de solo industrial en Cuiña constrasta coa desenvolvida polo PP cando xestionaba a Xunta e o Concello “Saben os veciños que nos enchemos de empresas o que antes eran xardíns e parcelas cheas de herba. E volverémolo a facer no futuro, pois para iso estamos a traballar.

Exit mobile version