Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Ribadeo inicia o proceso de elección de candidato a alcaldía

RIBADEO .- O Partido Popular de Ribadeo inicia mañá, martes día 9, o proceso para elixir ao candidato á alcaldía ribadense para as eleccións municipais, que se celebrarán dentro de dous anos. Para iso a executiva local dos populares en Ribadeo reunirase mañá, ás oito e media da tarde, e a partir de agora terá un encontro cada mes. Anunciouno hoxe o presidente do PP ribadense, José Carlos Rodríguez Andina, en declaracións á emisora de radio Onda Cero A Mariña.
Rodríguez Andina tamén destacou os resultados conseguidos polo Partido Popular no municipio de Ribadeo nas eleccións europeas de onte.

Exit mobile version