Site icon Crónica3.com A Mariña

O Valadouro nomea Fillo Predilecto a Manuel Lourenzo

O sábado día 13, O Valadouro nomeará Fillo Predilecto ao escritor e dramaturgo Manuel Lourenzo. Con este motivo organizáronse unha serie de actos que comezan ás oito da tarde, no salón de plenos do Concello, onde as autoridades recibirán a Manuel Lourenzo para facerlle entrega da distinción. As nove da noite está previsto que o grupo de teatro Raiolas de Alfoz represente a obra “A sensación de Camelot” da que é autor o homenaxeado.

Exit mobile version