Site icon Crónica3.com A Mariña

Parlamentarios do PP interésanse polo obras da A8 e o treito de Mondoñedo a Lindín

NOTA DE PRENSA

O deputados autonómicos populares queren que a Xunta pregunte ao Goberno central como é posible que, prevendo os informes técnicos a inestabilidade xeolóxica da zona o Ministerio que preside Jose Blanco non houbera adoptado as decisións para evitar ou minimizar os problemas xurdidos tras producirse os desprendementos

A FALTA DE PREVISIÓN DE FOMENTO AFASTA A ENTRADA EN SERVIZO DA AUTOVÍA DO CANTÁBRICO ATA MÁIS ALÓ DO ANO 2013

•    Malia que o prazo de execución das obras da Trascantábrica no treito Mondoñedo-Lindín non debía superar os 36 meses os derrubamentos que se están a producir no monte Padornelo e a incapacidade de retomar as obras, privan aos veciños da Mariña lucense da principal autovía de comunicación co resto da comunidade, España e Europa.

A Mariña lucense, 13 de xuño de 2009.- Os deputados do Partido Popular de Galicia (PPdeG) Jose Manuel Balseiro Orol e Emma Álvarez Chao interesáronse no Parlamento autonómico polos problemas que están a xurdir na execución das obras da autovía do Cantábrico no treito Mondoñedo-Lindín. Os parlamentarios rexistraron unha pregunta dirixida á Xunta de Galicia a través da que lle pide ao Goberno galego que se interese ante o Ministerio de Fomento sobre como é posible que previndo os informes técnicos a inestabilidade xeolóxica da zona o departamento que dirixe o socialista Jose Blanco non houbera adoptado as decisións e medidas oportunas para evitar ou minimizar os problemas xurdidos tras producirse os desprendementos.

Balseiro Orol e Álvarez Chao atribúen esta circunstancia a unha falta de previsión do Executivo socialista de Zapatero que provocará que a entrada en vigor deste treito e, por ende, do resto da Transcantábrica sufra aínda máis atraso do que xa acumula agora. Segundo os cálculos do deputado do PPdeG a A8 non estará en servizo en todos os seus tramos ata máis aló do ano 2013. “O que vai en prexuízo dos veciños da nosa comarca que se ven privados da autovía que está chamada a vertebrar e comunicar A Mariña lucense co resto de Galicia, de España e de Europa”

Malia que o prazo de execución das obras da Trascantábrica no treito Mondoñedo-Lindín non debía superar os 36 meses os derrubamentos que se están a producir no monte Padornelo e a necesidade de acometer novas actuacións para corrixir estas problemáticas que xa se coñecían e xa terían que terse evitado, poñendo os medios precisos, dan conta da falta de interese que no Executivo central teñen respecto da urxente finalización desta obra.

Exit mobile version