Site icon Crónica3.com A Mariña

Romaría de San Luís, venres 19 e sábado 20, en Figueirido, Cervo

Esta fin de Semana celebrase en Figueirido, Cervo, a romaría de San Luís na que actuaran “dúas  das orquestras  máis importantes de Galicia” como son SUAVECITO e GALILEA, ademais de CHINGLA E SALVA e outro conxunto musical aínda por determinar. O programa inclúe unha demostración de Xogos Populares a cargo de Francisco Piñeiro,  a Queimada elaborada polo Bruxo Xosé Vicente Mon ademais das celebración relixiosas. O organizadores agradecen a colaboración con estas festas por parte da  Deputación Provincial de Lugo, Concello de Cervo, comerciantes e industriais e tamén dos veciños tanto de Figueirido e Daián como do resto de localidades lindeiras, aseguran desde a asociación sociocultural Ponte da Salgueiriña.

Exit mobile version