Site icon Crónica3.com A Mariña

Satisfacción do PP pola operatividade do helicóptero de salvamento malia supresión dunha das bases

NOTA DE PRENSA
A Consellería do Mar adiantou que ampliará a tripulación adscrita na aeronove con base en Celeiro e triplicará o número de horas de voo das aeronaves da súa competencia para prestar un servizo de salvamento máis eficiente e seguro no litoral galego.
BALSEIRO AMOSA A SÚA SATISFACCIÓN DESPOIS DE QUE A XUNTA ACORDARA GARANTIR A OPERATIVIDADE DO HELICÓPTERO PESCA 2 AS 24 HORAS DO DÍA OS 365 DÍAS DO ANO

* O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular felicítase así polo cumprimento dunha promesa electoral e dunha reivindicación histórica desta formación política que no seu día trasladou aos concellos da Mariña lucense e Ortegal a necesidade de que este servizo dispuxera dunha resposta inmediata ante calquera emerxencia marítima a diferenza do que estaba a acontecer ata o momento.

* “O novo Goberno de Galicia cumpre coa Mariña e co sector pesqueiro galego” – sentencia Balseiro Orol quen adianta “esta non será a última boa nova coa que contaremos os veciños desta comarca pois o Executivo de Feijóo é sensible as peticións e aspiracións dos mariñáns”

A Mariña lucense, 05 de xuño de 2009.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular e deputado mariñán Jose Manuel Balseiro Orol expresou a súa satisfacción despois de que a Xunta de Galicia acordase garantir a operatividade do helicóptero de salvamento Pesca 2, ás 24 horas do día os 365 días ao ano. Esta era unha vella reivindicación da formación política popular e do sector pesqueiro da nosa comarca.

REIVINDICACIÓN HISTÓRICA

Con varias iniciativas na Cámara autonómica, promovidas polo propio Balseiro Orol, e a través dunha moción municipal o PPdeG trasladou o debate sobre a necesidade dun servizo de resposta inmediata ante calquera emerxencia marítima ou terrestre no litoral norte galego ao conxunto dos concellos da Mariña lucense e Ortegal. Naquel momento esta petición atopouse coa oposición do bipartito. PSOE e BNG votaron en contra desta medida alegando que non era necesaria e que resultaba excesivamente caro. Todo iso pese a que os datos demostraban que o cumprimento dos descansos legalmente esixidos e as operacións de mantemento do helicóptero implicaban a falta de operatividade do Pesca 2 durante un horario moito máis amplo do esixido nun servizo de emerxencias.

TRIPLICA O NÚMERO DE HORAS DE VOO E TRIPULANTES

Balseiro Orol felicítase polo tanto tras coñecerse a noticia adiantada pola Consellería do Mar quen fixo público que a tripulación adscrita na aeronove con base en Celeiro e triplicará o número de horas de voo das aeronaves da súa competencia para prestar un servizo de salvamento máis eficiente e seguro en todo o litoral galego. “Esta decisión cobra especial relevancia na nosa comarca xa que o anterior Executivo autonómico negouse a acometer esta ampliación na operatividade deste servizo no caso do helicóptero con base en Celeiro pese a telo anunciado en beneficio da aeronave que opera desde Vigo. Inexplicablemente daban menor valor á vida dun mariñeiro dan osa comarca ou de Ortegal que a do resto das comarcas de Galicia, unha discriminación tan inaceptable como inxusta que sempre combatemos e que hoxe por fin podemos afirmar, con ledicia, que o novo Goberno procedeu a corrixir”

CUMPRIMENTO DUNHA PROMESA ELECTORAL

O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular explica tamén que con esta decisión dáse cumprimento a unha promesa electoral. “O novo Goberno de Galicia cumpre coa Mariña e co sector pesqueiro galego” Máis esta non será a última boa nova coa que contaremos os veciños desta comarca pois o Executivo de Feijóo é sensible as peticións e aspiracións dos mariñáns”

UN SERVIZO AMPLO TANTO NO MAR COMO NA TERRA.

Finalmente o deputado popular engade que o helicóptero Pesca 2 non só opera ante posibles alertas por continxencias marítimas senón que, en moitas ocasións, complementa o traballo dos servizos de emerxencia ante outro tipo de sinistros que se poidan producir en terra e nos concellos do litoral da Mariña lucense e Ortegal

Exit mobile version