Site icon Crónica3.com A Mariña

Villares informa que desbloquea “proxectos de grande interese para os veciños de Cervo”

CERVO .- O Alcalde de Cervo, Alfonso Villares, mantivo unha xuntanza co director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), Jose Boné Piná, na sede deste organismo en Santiago de Compostela, e asegura que  “logrou o desbloqueo de varios proxectos de grande interese para os veciños de Cervo”

NOTA DE PRENSA

O novo director xeral do IGVS Jose Boné Piná comprometeuse a solucionar con carácter prioritario os impedimentos burocráticos herdados da lexislatura anterior que impiden aos 15 adxudicatarios dispoñer dos seus adosados

O ALCALDE DESBLOQUE A ENTREGA DAS VIVENDAS SOCIAIS DE  RIOCOBO QUE TERÁ LUGAR ANTES DE QUE FINALICE O MES DE AGOSTO

•    En materia de solo industrial a prioridade é cubrir a oferta de parcelas resultantes tras a ampliación do Polígono de Cuiña. En todo caso, non renuncian á recuperar o proxecto estratéxico do cinto industrial de Alcoa, paralizado incomprensiblemente pola anterior Xunta bipartita

•    Alfonso Villares tamén arrincou o compromiso do director do IGVS de desenvolver unha serie de melloras nas vivendas de Vía Láctea.

Cervo, 18 de xuño de 2009.-  O Alcalde de Cervo, Alfonso Villares Bermúdez mantivo na mañá de hoxe unha xuntanza co novo director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), Jose Boné Piná, na sede deste organismo en Santiago de Compostela. Ao termo da mesma o rexedor municipal explicou que logrou o desbloqueo de varios proxectos de grande interese para os veciños de Cervo.

VIVENDAS SOCIAIS

Así por exemplo Boné Piná comprometeuse a solucionar con carácter prioritario os impedimentos burocráticos que, herdados da lexislatura anterior impiden a entrega das 15 vivendas sociais adosadas de Rio Cobo aos seus lexítimos adxudicatarios. Estes poderán facer uso das mesmas antes de que remate o mes de agosto. Villares explicou que se trata dun proxecto iniciado polo Goberno de Manuel Fraga e que outro Goberno do Partido Popular terá que rematar, xa que o bipartito non foi quen de facelo nos últimos catro anos.

O primeiro edil de Cervo tamén logrou comprometer ao director xeral do IGVS para que acometa unha serie de melloras nos edificios sociais de Vía Láctea, como son colaborar na adaptación dos contadores de consumo de auga ás obrigas impostas pola lexislación vixente.

SOLO INDUSTRIAL

En materia de solo industrial Alcalde e director xeral do IGVS coincidiron en que, neste momento de crise e parón económico o prioritario e garantir que poida cubrirse a oferta dispoñible e as novas parcelas despois da ampliación do polígono empresarial de Cuiña, “conscientes de que constituiría un pulo á actividade económica”.

En todo caso non renuncian a recuperar un proxecto incomprensiblemente paralizado polo Executivo anterior, o cinto industrial no contorno de Alcoa, por ser ademais é a zona idónea de expansión industrial non só dos concellos de Cervo e Xove senón, polo seu carácter estratéxico da Mariña. Desafortudamente haberá que estudar a fórmula de rescatar este proxecto que paralizou e rexeitou a titular da anterior Consellería de Vivenda, a nacionalista Teresa Táboas.

Exit mobile version