Site icon Crónica3.com A Mariña

Xoves, último día para inscribirse no curso de surf en Burela

Xoves remata a inscripción para poder participar no curso de surf que organiza a delegación de Mar do Concello de Burela en colaboración coa escola de surf HOLA!OLA, a Deputación Provincial de Lugo e a Federación Galega de Surf. Remedios López Villar, responsable de Mar, recorda que “este curso é gratuito para todos os interesados maiores de sete anos. A única condición que deben reunir  é que saiban nadar”. Por outra banda o xoves fallase o II certame de relato curto e a entrega de premios é o sábado 27.

Exit mobile version