Site icon Crónica3.com A Mariña

Xuntanza da comisión de contas sobre os orzamentos municipais para 2009 en Ribadeo

A comisión de facenda e contas do Concello de Ribadeo reúnese o mércores para tratar sobre os orzamentos municipais para 2009 e analizar as propostas que presenten os partidos da oposición que desde hai máis dunha semana coñecían o proxecto de presupostos elaborado polo equipo de goberno, que ascende no seu capítulo de gastos a 8.900.000 euros, o que supón un descenso duns 450.000 euros con respecto aos orzamentos de 2008.

Exit mobile version