Site icon Crónica3.com A Mariña



¡ 18 de xullo, contra o esquecemento e a impunidade !

Adicolle este articulo a meu avó Xesús Regal Legaspi, que de neno me ensinou que o 18 de Xullo era algo mais que a data das festas de Cangas de Foz.

¡18 de xullo faena de morte! Din que berraba aquel xeral mutilado con estatua aínda na Coruña de hoxe en dia. Cuadrilla de asasinos en golpe militar contra o seu propio pobo.

Como esquecelo? A pesar da “Transición” e o seu pacto de silencio, admitido e asinado por todos os grupos políticos que entraron a “saco” as farangullas do pastel.

O 18 de xullo mal pariron un estado ilegal, e somos acredores de manter a memoria viva. Nosoutr@s, a nosa historia, non empeza en 1976, a nosa historia continúa dende aquel fatídico 18 de xullo, e nesa historia están os nosos compañeiros, os nosos loitadores, intelectuais, políticos, obreiros e labregos, uns coñecidos e outros, personaxes anónimos, que son maioría, como os que hoxe seguimos querendo sacar das cunetas, e do olvido histórico, cidadáns que foron fieis a un proxecto colectivo e unitario que se recolleu coa vitoria da Fronte Popular, fronte á concepción nacionalista española, o conservadorismo tradicionalista e por suposto a España católica, obrigadamente católica.
Aquel golpe de Estado volvería implantar a sangue e lume, a santa fe católica, unidade relixiosa e salvadora da unidade da Patria, unha separación entre os “pecadores roxos” e os bos nacionais, aquí na historia miúda de Viveiro pódese ver eso en fotos de semana santa e similares, pódese ver o ¿quen é quen?, para iso contou con toda a xerarquía eclesiástica que participou dende o principio na sublevación fascista, participou activamente nos diversos tribunais do réxime de Responsabilidades Políticas e de Represión da Masonería e o Comunismo. Dende cada parroquia de cada pobo ou cidade, a Igrexa encargábase de delatar os “sospeitosos”, para logo seguir sendo participe na súa execución ou castigo. O visto e prace do Sr. Cura fíxose imprescindible para poder malvivir na España nacional-católica. Como esquecelo? Se cando meu pai solicitaba unha beca para min tiña que ir buscar a xunto o cura o certificado de boa conduta e bo cristián, Difícil de esquecer, cando en pleno século XXI o clero segue vivindo a costa do erario público, intervindo activamente nas decisións políticas, controlando parte da educación, intervindo en medios de “desinformación”, sendo un mini-estado dentro dun estado.

Son a herdanza daquel golpe, daquelas datas, daquela reaccionaria igrexa que se opuxo dende o primeiro día á emancipación do pobo, defendendo a ignorancia e a submisión. E para confirmalo non temos mais que ver o que sucede en Burela co Nome da calle de un bispo fascista que segue e naide quere sacala.

Aquel golpe de “sangue e lume” foi ideado e executado por militares traidores á democracia, personaxes forxados no colonialismo africanista, perpetradores da extática maxestosa da Hispanidade, das cruzadas salvadoras, do inmobilismo clasista. Militares que asasinaron na contenda bélica que eles montaron, foron os pioneiros en asasinar ao pobo chairo montando unha gran “carnizaría”, pobo indefenso que se desprazaba contra as bombas, a vinganzas, contra o terror. Tratábase de exterminar o inimigo, de sementar todo o estado de pánico, de terrorismo golpista.

Militares insurrectos, a Igrexa e a Falanxe encargáronse de xustificar esa brutal represión, xustificando así a sublevación volvían as cruzadas! Militares matando os infieis, falanxistas axustizando e a santa igrexa apostólica e romana, esparexendo a súa bendición.

Debaixo da “bota” fascista quedarían os asasinados, os confiscados (saqueados), o@s pres@s do traballo escravo e reeducación, o@s orfo@s fillo@s de “vermello”, as mulleres de pelo afeitado e aceite de rícino en público, o@s señalad@s a dedo día a día, os exiliados… un país esgazado.

Do sentimento colectivo da República, ao individualismo que hoxe seguimos tendo en herdanza. O silencio que vai rompendo pouco a pouco, para non esquecer, porque non esquecemos.

Choveu moito dende aquel 18 de xullo, continuar co silencio sería un suicidio da nosa identidade; defender, promover a verdade histórica é o único camiño de futuro que temos. Non podemos aceptar un sistema imposto por verdugos. O contrario seria seguir perpetuando a herdanza da ilegalidade constitucional, disfrazar o sangue dos asasinatos, da represión, poñer luvas ás mans manchadas de morte. O que eles seguen facendo!

¡18 de xullo, contra o esquecemento e a impunidade!

Exit mobile version